A retirada afecta aos medicamentos que conteñen Valsartán.

A retirada afecta aos medicamentos que conteñen Valsartán.

Sanidade retira un cento de medicamentos para a tensión

A medida afecta ao Valsartán e inclúe lotes fabricados en China que poden incluir un composto canceríxeno

O Ministerio de Sanidade ordenou a retirada de máis dun cento de medicamentos que conteñen o principio activo “valsartán”, receitados para controlar a hipertensión e algúns problemas cardíacos.

O motivo da retirada é a presenza dun impureza coñecida como N-Nitrosodimetilamina, clasificada como axente cancerígeno e utilizado en ocasións para xerar cancro en animais para experimentos clínicos.

O ministerio advirte aos usuarios, con todo, de que non interrompan o seu tratamento nin o deixen sen antes consultar ao médico para que llo substitúa por outro. “É moi importante”, sinalaron desde o ministerio. A medida non afecta só a España senón que se tomou a nivel global e vén precedida dun aviso da Autoridade Regulatoria de Produtos de Saúde ( HPRA, polas súas siglas en inglés)

A retirada destes medicamentos distribuídos polas farmacéuticas e laboratorios Kern Pharma, Alter, Cinfa, Normon, Pensa Pharma, Sandoz, Almus, Aurovitas Spain, Combix, Ranbaxy, Stada, Qualigen, Ratiopharm, Tarbis, Tecnimede España, Tedec- Meiji Farma, afectan os lotes fabricados en China, segundo explica na súa web a Axencia Española do Medicamento.

A impureza “probablemente carcinoxénica” xerouse como consecuencia dun cambio no proceso de fabricación de valsartán, .un principio activo que se utiliza para tratar a hipertensión arterial e que se atopa dispoñible só ou en combinación con outros principios activos.

Aquí podes consultar
A listaxe de medicamentos retirados por Sanidade

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.