Mapas do gas radón en Galicia.

Mapas do gas radon en Galicia, elaborados polo Laboratorio do Radon de Galicia.

Amplían o Mapa de radon en Galicia con 400 novas medicións

O Laboratorio de Radon da Facultade de Medicina da USC rexistrou xa máis de 3.800 medicións no seu proxecto sobre este gas radiactivo

O Mapa de Radon de Galicia sobrepasa as 3.800 medicións en vivendas galegas tras unha nova ampliación realizada polo Laboratorio de Radon de Galicia da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Todas as medicións –efectuadas coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade­– pódense consultar na páxina web do Laboratorio e colocan a Galicia como a Comunidade Autónoma de España mellor caracterizada en canto a exposición a radon interior. Así, mentres o Mapa de España contén un total de 12.000, só Galicia ten case o 33%. De feito, as provincias de Ourense e Pontevedra teñen cada unha delas máis de 1.000, sendo os municipios con maior cantidade os de Vigo, con 255, e o de Santiago con 248.

Galicia conta cun terzo do total das medicións realizadas no conxunto de España

Os responsables do Laboratorio, os profesores Juan Manuel Barros Dios e Alberto Ruano Raviña, esperan volver ampliar o mapa a finais deste ano e superar as 4.000 medicións, con especial énfase na provincia de Pontevedra e tamén coa colaboración da Consellería de Sanidade. Para eles, a nova ampliación confirma “o xa sabido” de que as provincias con maiores concentracións de radon son Ourense e Pontevedra ademais de que “existen diferenzas entre as concentracións no ámbito municipal”.

O laboratorio está afondando na situación dos niveis de radon no ámbito laboral

O esforzo investigador do Laboratorio de Radon de Galicia ten ampla repercusión en revistas científicas estatais e internacionais. Agora é Gaceta Sanitaria a que vai publicar unha investigación sobre exposición a radon no ámbito laboral, con medicións en preto de 250 postos de traballo de varias Comunidades Autónomas.

O estudo, o máis importante sobre este gas no ámbito ocupacional en España, amosa que aquelas Comunidades con máis presenza de radon teñen maior probabilidade de superar o nivel límite de 300 Bq/m3 no posto de traballo. “Aqueles postos de traballo localizados en municipios considerados de risco polo Consello de Seguridade Nuclear presentan maiores concentracións de radon”, aseguran os autores. Este estudo fíxose en colaboración co Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud (ISTAS) de Comisiones Obreras.

Por outra banda, un artigo publicado por este Laboratorio sobre radon e cancro de pulmón de célula pequena vén de acadar un dos premios aos mellores artigos de investigación do Colexio de Médicos de Pontevedra.

Que é o radon?

O radon é un gas radioactivo incoloro, inodoro e insípido. Nos solos graníticos, como os da maior parte de de Galicia, o uranio presente nestas rochas descomponse e dá lugar ao radon.

Desde o subsolo, este gas ascende á superficie e acábase diluíndo na atmosfera, sen maior incidencia. Porén, cando este gas se filtra desde o subsolo dos edificios e se acumula en altas concentracións en espazos pechados, pode haber un risco grave para a saúde.

A través do noso sistema respiratorio, o radon accede aos pulmóns. Alí descomponse e produce partículas alfa que se fixan ao tecido pulmonar e poden causar mutacións. No peor dos casos, desenvólvense tumores e, finalmente, cancro. Así e como a inhalación deste gas se converteu na segunda causa de morte por cancro de pulmón, só por debaixo do tabaco. Entre os non fumadores, é o principal factor de risco.

2 respostas a “Amplían o Mapa de radon en Galicia con 400 novas medicións”

  1. Marosa Salgado Madriñán

    Buenos días, vivo en Ourense en una casa en la zona de Moreiras Toén, tengo un Mieloma Múltiple, desde hace 8 años. Hace unos meses medimos en radón, nos da en el domicilio 0, pero en el bajo según la zona lavandería, bodeguilla y garaje, dependiendo de la abertura y ventilación, y que está soterrada parte en sábrego, que es poco medimos entre: lavanderia/calefacción y despensa de comida empaquetada y limpieza, y herramientas 1800 bq/M3, garaje más aireado sobre 700 Bq/M3, y bodeguilla, abierta por chimenea, 300bq/m3, todo ello aproximado.
    En la casa, en pisos superiores y no enterrada medición 0 Bq/M3.
    No sabemos si hay procedimiento de solucionarlo más que por ventilación.
    Los sitios que más dan fue por hacer agujeros en el suelo de drenaje, de aguas de inundaciones por lluvia, pues nos dejaron mal la canalización de la obra. Nos daríais algún consejo de como hacer. Cuando cerramos los drenajes baja bastante.
    Estamos dispuestos a concedería que toméis mediciones para vuestro estudio.
    Muchísimas gracias
    Tfonos contacto 661423719 y 988262262
    Marosa Salgado Madriñán
    Ferroño 32 Moreiras
    32920 Toén Ourense.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.