Martes 16 Abril 2024

“Apoiar a biopsia líquida é investir en nós mesmos”

Nin en Galicia nin en España había costume de que os grupos de investigación médica pediran axuda á sociedade para financiar os seus estudos, pero o grupo galego Oncomet abriu unha nova vía de financiamento que, polo de agora, está dando resultados moi positivos. Pretenden situar a Galicia na vangarda da loita contra o cancro a través da técnica da biopsia líquida. É unha técnica que nos vindeiros anos revolucionará a loita contra unha enfermidade que só en Galicia causa máis de 8.000 mortes cada ano. Nun mes xa recadaron máis de 142.000 euros, pero aínda queda un treito ata a cantidade máis optimista: medio millón de euros. Rafael López López (Vilamartín de Valdeorras, 1959) dirixe este grupo de investigación.

– Agardaban este nivel de aportacións?
Estamos moi satisfeitos da repercusión da sociedade civil e a través das redes sociais, e tamén dos medios de comunicación. Estabamos moi cegos, porque é a primeira vez que se lanza unha campaña desta tipo en España. Era como tirarse sen paracaídas.

Publicidade

– Aquí non é habitual recorrer ao micro-mecenado en Sanidade.
É un terreo virxe, para vergoña de todos nós. A comparación con outros países é ridícula. Por exemplo, en Inglaterra, o 42 por cento de toda a investigación biomédica procede das doazóns, e en España non chega ao 2 por cento.

O equipo de investigación Oncomet.
O equipo de investigación Oncomet.

– Hai quen pensa que recorrer ao mecenado evidencia unha falta de apoio público.
A visión que temos aquí é: “Por que non o pagan o Estado, a Xunta ou as grandes fortunas?” Pero isto non é así. Toda a sociedade, nós tamén, temos que darnos conta da necesidade de aportar un gran de area, tanto en ciencia como en cultura. É a forma tamén de mover ás autoridades e as grandes fortunas a que nos presten máis atención. É un xeito de facer ver que nós, como sociedade, poñemos os cartos onde realmente nos interesa. E estas campañas son sumatorias, non competitivas. Se eu teño un bo proxecto atractivo para a xente, ¿que mellor que sexa a propia xente a que invista nel? A sociedade ten a sabedoría de elixir, e decidir onde é mellor aportar a súa axuda.

– Que vai supoñer este apoio para o prestixio da investigación galega?
Canto antes teñamos estas técnicas, antes conseguiremos desenvolver a medicina de precisión. E isto vai ser unha revolución no tratamento do cancro. A biopsia líquida é a ferramenta a través da cal se van desenvolver novos fármacos para loitar contra a enfermidade.

– En que consiste exactamente esta técnica?
Non é exactamente unha biopsia; chámase así por un problema de tradución desde o inglés. Trátase dunha técnica nova para estudar o tumor a través do sangue: baséase en procedementos ultrasensibles que nos permitirán coñecer as debilidades e virtudes do tumor no mesmo momento no que estamos facendo a análise, a tempo real. Isto vai permitir seguir o tumor con estas análises. Se o tumor cambia, imos obter esa información e poderemos actuar adaptándonos as circunstancias.

– Por que aínda non está instaurada na sanidade?
Queda moito por investigar. Sabemos que hai grandes perspectivas, pero precisamos ter seguridade e precisión para levalas a cabo. Calculo que na clínica estamos ao 1 por cento do potencial que ten a biopsia líquida. E nos próximos anos vai haber unha aceleración enorme destas técnicas. O coñecemento xa o temos, xa comprendemos os tumores, pero falta axustar a tecnoloxía para aplicar todos estes avances.

– Como se vai beneficiar a sociedade galega destes avances?
A sanidade galega incorporará estas técnicas antes que outros lugares. Se o conseguimos, imos estar na vangarda da investigación, e os pacientes veranse beneficiados, sen dúbida.

– Cal é a situación da investigación contra o cancro en Galicia? Que virtudes e defectos hai?
En Galicia temos un nivel moi bo de ensaios clínicos; que é un tipo de investigación que ás veces non se valora o suficiente, pero que é esencial. Tamén é certo que sempre se podería facer máis; noutras zonas, como País Vasco, Cataluña ou Madrid, están por diante. Temos que arrimar todos o ombreiro para buscar financiamento. As empresas e os organismos públicos teñen que investir máis. Nós sos non podemos facer moito máis.

– Que razón lle podería dar aos galegos e galegas para que financien a investigación?
Pois que estamos investindo en nós mesmos. Os datos saíron hai pouco tempo; a metade dos homes e un terzo das mulleres terá cancro ao longo da súa vida. Canto antes academos os niveis da medicina máis moderna, mellor será para nós, a nosa familia, os nosos amigos  e os nosos veciños. Gañar cinco anos en investigación contra unha enfermidade é moito tempo.

6 COMENTÁRIOS

  1. Yo creo que complementar la financiación pública con otros medios como este para una buena causa como es este caso la investigación oncológica no debería cuestionarse. Países punteros en I +D + I como Reino Unido o Alemania tienen una amplia tradición en este tipo de colaboración privada. Por qué no nosotros?

    • Claro, un dinerillo (¡medio millón!) extra le viene bien a cualquiera. ¿Y por qué estos lo merecen más? ¿Porque hablan de cáncer y ponen fotos de enfermos? ¿Quién dice que es una buena causa? ¿Quién lo controla? ¿No habrá muchos más proyectos que quizás sean más valiosos? ¿Quién garantiza que esto vale? ¿Para qué sirve? Si se dice que para mejorar el diagnóstico que lo pague el sergas que para eso pagamos impuestos.
      Y no es cierto, insisto, en ningún país civilizado se le ocurre a nadie salir a pedir a la gente la financiación de un grupo chantajeando a la población. El apoyo ciudadano se canaliza mediante fundaciones y ONGs fiscalizadas y con mecanismos de control y evaluación. No así.

  2. Pues no, ni en Galicia, ni en España … ni en el resto del mundo puede uno encontrar una iniciativa de este tipo. No es cierto que por ahí fuera los grupos de investigación se pongan en contacto con la sociedad y les chantajeen pidiendo dinero. Esto es la primera vez que ocurre, no está regulado y es pasto para actitudes tan poco éticas como esta, un médico diciéndole a la gente que dé dinero para curar el cáncer. Existen métodos con más garantías, por ejemplo a través de organismos públicos, como FECYT, o Fundaciones privadas, como la AECC, que intentan garantizar la veracidad, valía y mérito de las propuestas planteadas. Vamos, como en el resto del mundo civilizado.

    • Entendo que isto non é para a cura do Cancer coma dis. Se non para investigar e crear diagnósticos moito máis certeiros. De todas formas, qué fácil é esconderse detrás dun seudónimo e criticar. Si tan certo o tes, por qué no dis quen eres? Eu, seguro quenon che coñeceréi.

      • ¿Cómo que no se dice que es para curar el cáncer? Es para realizar un proyecto que dice este señor que nos va a permitir curar el cáncer. En otro medio leí que decía que ya en cinco años lo curamos (!!!). Y hacen chantaje, por supuesto. Si sale uno y dice que tiene un método que va a curar el cancer, y te pregunta si tú o tus familiares o tus conocidos no han sufrido cáncer y quieres hacer algo por ellos, y te dice que aportar va a permitir curar el cáncer, y hasta poner a Galicia en la vanguardia. pues eso es chantaje emocional de libro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor