Xoves 28 Marzo 2024

A gran lonxevidade dos galegos desconcerta aos científicos

A alta taxa de lonxevidade de Galicia desconcerta aos científicos. Porque está no selecto club da maior esperanza de vida do mundo. Nos países desenvolvidos, segundo datos da OCDE, só Xapón e España alcanzan a cifra dos 83 anos de media de vida. E Galicia vén de entrar nesta élite, cunha esperanza de vida de 83,04 anos, tras subir medio punto (0,42%) no 2014 fronte ao ano 2013 (82,69 anos).

Esperanza de vida comparada por Comunidades Autónomas no 2014.
Esperanza de vida comparada por Comunidades Autónomas no 2014.

Pero as diferenzas de lonxevidade de Galicia co sur de España semellan inexplicables. E amosan desigualdades extremas. Mentres Galicia está na cabeza de Europa, Andalucía está no furgón de cola. E o PIB non pode explicalo, tendo en conta que zonas moi desenvolvidas como Países Baixos ou Suecia tamén teñen baixa esperanza de vida con respecto á media.

Publicidade

Un novo estudo sobre a supervivencia na vellez en Europa amosa que España é un país de contrastes. As poboacións do norte español, Madrid, Galicia e Salamanca baten récords de idade, mentres algunhas zonas do sur presentan os índices máis baixos do continente. As diferenzas socioeconómicas poden ser parte dos motivos, que intrigan aos científicos.

Segundo o novo traballo, publicado na revista Journal of Epidemiology & Community Health, os habitantes do norte de España, o nordés de Italia, e o sur e o oeste de Francia viven ata unha idade moi avanzada. Con todo, en parte dos Países Baixos, Escandinavia, Reino Unido e o sur de España a supervivencia na vellez atópase por baixo da media europea.

Galicia, cun PIB baixo, ten maior esperanza de vida que rexións europeas moi ricas

O equipo internacional analizou os patróns de supervivencia na vellez en toda Europa. Os científicos comprobaron a taxa de supervivencia de 296.725 persoas entre 75 e 84 anos de idade en dous períodos diferenciados (1991-2001 e 2001-2011) para poder establecer unha evolución e observar os cambios ao longo do tempo nos diferentes países.

Grecia, Chipre, Alemaña, Irlanda e os últimos estados membros de Europa do leste excluíronse da análise debida á escaseza de datos sobre as proporcións dos grupos de maior idade nas súas poboacións. Pola contra, Noruega, Suíza, Andorra, Liechtenstein e San Mariño foron analizados porque teñen fronteira con países da Unión Europea, obxecto principal do estudo.

Os galegos son cada ano máis lonxevo. Foto: Valdeorras de cerca.
Os galegos son cada ano máis lonxevo. Foto: Valdeorras de cerca.

De media, en 2001, un 27% dos homes entre os 75 e os 84 anos sobreviviron dez anos máis a partir desas idades. No caso das mulleres, a cifra situábase no 40%. En 2011, os índices de supervivencia aumentaran significativamente ata o 34% en homes e o 47% en mulleres. Con todo, os científicos atoparon grandes diferenzas xeográficas en ambos os períodos.

En 2001 as áreas con maior supervivencia masculina na vellez localizáronse en Madrid e Salamanca, en Galicia, en Andorra e en Xenebra (Suíza). As áreas de baixa supervivencia masculina atopábanse principalmente en Glasgow, Manchester, Liverpool e Londres (Reino Unido) e nas zonas mineiras e as rexións industriais de Francia.

En 2011, as áreas de alta supervivencia mantivéronse, e engadíronse o sur e o oeste de Francia. As áreas de baixa supervivencia correspondéronse coas zonas industriais do Reino Unido e Londres, ademais da fronteira franco-belga, Ámsterdam e Copenhague.

Os científicos destacan o fenómeno de Reino Unido, onde os datos sinalan que hai unha gran parte da poboación vivindo en áreas de baixa supervivencia na vellez.

A dieta atlántica podería ser unha das razóns para as grandes diferenzas de lonxevidade

Os científicos do estudo explican que a supervivencia na vellez está fortemente determinada pola mortalidade despois dos 85 anos, cuxa causa principal é unha doenza cardiovascular. Estas enfermidades supoñen un 42% das mortes en Europa a partir desa idade. Segundo os seus datos, unha menor incidencia destas doenzas no norte de España e toda Francia xustifican, polo menos en parte, os altos índices de supervivencia na vellez nestas localizacións.

Sinalan tamén que Portugal, o sur de España e o sur de Italia son rexións economicamente máis desfavorecidas e, á vez, zonas cunha taxa de supervivencia máis baixa. Outras zonas dentro dos mesmos países cunha mellor situación económica, como o norte de España ou o norte de Italia, presentan unhas das taxas de supervivencia na vellez máis altas de Europa. Pero o caso galego non se sustenta con este argumento, porque o PIB galego está no cuadrante dos máis baixos do continente, ata o punto de que é un área que recibe fondos de cohesión europeos. Unha explicación podería atoparse no estilo de vida, con menos estrés, o que por exemplo xustificaría que Ourense sexa a zona con maior lonxevidade de Galicia. E os científicos tamén valoran que a clave podería atoparse na dieta atlántica, a alimentación propia do país.

Por iso, tampouco o Produto Interior Bruto (PIB) explicaría as taxas de baixa supervivencia atopadas en Dinamarca ou os Países Baixos, que poderían xustificarse, segundo este traballo, nun estilo de vida menos san debido á dieta, o tabaco e outros hábitos.

Podes ler o artigo científico
nesta ligazón de Journal of Epidemiology & Community

15 COMENTÁRIOS

  1. Salientar que as características antropolóxicas do Norte de Portugal son case idénticas ás galegas. As características raciais (e aí están tasas de suicidio, enfermedades xenéticas, etc, que son coincidentes), costumes, traballo no campo, clima, alimentación…apenas difiren. Pero a lonxevidade parece non coincidir, ainda que cumpriría afinar máis distinguindo áreas rurais de áreas urbanas, dado que a poboación actual do Norte de Portugal concéntrase nas cidades e grandes vilas e traballa na industria e servizos.

  2. A merda que mais cheira.habla bien.tu que eres juez.que ya tienes un pié en el cielo.Y dile lo mismo a uno de etnia gitana o a un musulman.Aprende a respetar al que tienes ala diestra.Critica lo que dice no el idioma que usa.Aunque sea Español o Catalan.Digocho eu .Un ninguén.

  3. la alimentación es bastante distinta a la del sur de España,decirle a Victor Blanco que la sanidad es gratuita en toda casi toda Europa ,y puede estar seguro de que en Dinamarca y Holanda funciona mucho mejor,puede que Inglaterra funcione peor que España y Portugal y algún sitio mas,otra cosa es que sea universal ,que es lo que se farda en España,pero eso no afecta porque la no universalidad es que no tienen acceso los extranjeros,los demás si.

  4. É política da Xunta, as suas festas gastronómicas e fazer o possível para que os seus votantes nao morram… ora, se morrem, votam igual.

  5. Pois o meu punto de vista cree que non e motivo do pib e é ben certo que a condicion medioambiental e a dieta pode influir sobre todo a segunda. En galicia hai a costume de producir para o consumo olvidandose asi dos transxénicos e dos multiples productos quimicos que se poden atopar nos alimentos dun supermercado naide reparou niso?

  6. Un dos estudos científicos que se fixeron estes últimos anos relaciona a lonxevidade da poboación galega co costume de engadir unhas gotiñas ó café. Ben sabida é a capacidade do alcohol para matar “bichos”, e parece que a “caña” ou licor de herbas en pequenas cantidades, lonxe de ser mala pode axudar a prolonga-la esperanza de vida… Se é por iso… Alguns morreremos novos

  7. Uns datos sobre renda que posiblemente manteñan relación:
    1º_Unha taxa de igualdade de rendas medida entre persoas e entre pequenas localidades superior á media, fronte as diferencias do sur de España.
    2º_Uns ingresos dos traballadores maduros (+55anos) e maiores (+65anos non xubilados) superiores os das outras idades, situación que non pasa na maioria dos outros lugares.
    3º_Sen perxuizo do anterior pertencen xeneticamente a arias do arco italo-celta (R1b descendentes máis inmediatos dos primos de neandertal), digo sen perxuizo porque a diferencia é sobretodo politíca Portugal e Irlanda, tamen forman parte de este arco racial de dispersión teritorial cultural e culinario e non teñen esta caracteristica.
    4º_ Unha posible afección inferior do estress industral (laboral) que pode acectar en maior medida en outros lugares como portugal, máis traballadores por conta allea con peores condicións salariais.
    5º_Unha conbinación do anterior con unha sanidade pública gratuita e uns sistemas de servizos sociais moi enfocados cara a terceira idade.

    En calquer caso renda superior medida dende o pib e calidade de vida non estan vinculadas, por exemplo o caso concreto de EEUU e Cuba, o primeiro ten rendas medias máis elevadas +2000€/mes salario per capita e o segundo 15€/mes salario per capita, e estiverón empatados ou por baixo en anos de esperanza de vida durante decadas sendo incluso superior a cubana a maior parte do tempo. Cando caeu a URSS a esperanza de vida medida en anos caeu uns catro a seis anos dun ano para outro e ainda hoxe a RF rusa non da alcanzado os logros da RFSS rusa, non creo que fose polos desfiles militares e as bandeiras vermellas senon porque o que realmente ofrece maior calidade de vida é unha distribución da renda o máis homoxenea posible entre o total da poboación. O tamaño acumuladoda renda tamen é importante: https://es.wikipedia.org/wiki/Esperanza_de_vida
    Tal e como dixo castelao a festa non é igual en galiza que en extremadura….en galiza bailan todos por igual e indistintamente en extremadura os pobres acubillanse para ver como bailan os señoritos; A EXCLUSIÓN tamén é importante.

  8. Vindo do eido científico deberían de valorar no so o PIB ou a dieta, se non tamen o condicionante ambiental, máis complexo de analizar pero que incide transversalmente no resto de factores

  9. Yo creo que el producto autóctono tiene la culpa, o porquiño, ovos da casa,el famoso quemagrasas(también conocido como sacho ) etc. No solo de gazpacho vive el gallego

  10. Lo cierto es que es el trabajo es lo que da la vida… Y en las ciudades sólo hay trabajos modernos, (digitales), en Galicia, medio rural, la gente es trabajadora, autosuficiente, y sabe valerse por sí misma….

    • Máis ben é o seguir traballando ainda de vellos. Que aquí ata mentras dean andado arrimado a un pau seguen sachando e limpando nos valados e cunetas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.