Sábado 20 Abril 2024

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención

Un dos últimos estudos da Fundación Clínica Pardiñas en colaboración co INIBIC, a Universidade da Coruña e o Hospital Universitario da Coruña trata de atopar a relación entre a enfermidade periodontal, a saúde bucodental e a saúde do resto do corpo. Desta volta, a fundación busca pacientes que padezan periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención e, no caso de estaren nun estadío avanzado, o seu tratamento.

Segundo explica o odontólogo que dirixe esta nova investigación, Simón Pardiñas, trataran de buscar o mellor enxaugue bucal en canto a eficiencia para combater e previr esta doenza bastante común na saúde bucodental. Farano logo dunha preselección de tres enxaugues que consideran os máis axeitados. Trataran de establecer cales teñen as mellores capacidades antimicrobianas, antiinflamatorias, etc.

Publicidade

Para iso precisan de trinta participantes voluntarios que teñan unha esta enfermidade ou que estean a comezala. Para iso, farán unha primeira avaliación das persoas que se presenten como candidatas. Nela, tomar mostras de saliva e de alento a través dunha tecnoloxía de cromatografía de gases sulfurosos que soen ser producidos polas bacterias da periodontite.

Durante un mes, os pacientes terán que facer uso dos enxaugues segundo as indicacións do equipo de Pardiñas e, ao final, farán unha segunda avaliación da que concluirán a eficiencia acadada por cada un. No caso de que os pacientes sexan diagnosticados con periodontite, o tratamento que precisen será financiado pola Fundación Clínica Pardiñas. Por suposto, tamén será gratuíta a primeira avaliación e os enxaugues.


Aquí podes atopar á Clínica Pardiñas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Branqueamento dental: todo o que precisas saber para branquear os dentes

É un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores, aínda que o que realmente afectado é a dentina ou capa intermedia

Carie dental: causas, prevención e tratamento

Mentres que nos adultos é a enfermidade periodontal a principal causa de perda de dentes, nos nenos e novos é a carie