Xoves 25 Abril 2024

Tártaro ou sarrio nos dentes: como se elimina e por que se forma

O tártaro dental é un problema oral moi estendido cuxo tratamento sempre ten que vir de mans de profesionais

O tártaro dental é un problema oral moi estendido cuxo tratamento sempre ten que vir de mans de profesionais. Aquí falamos sobre as causas, consecuencias e tratamento do sarrio nos dentes. Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas falamos do sarrio dental: por que se forma, que consecuencias ten e como eliminalo.

Que é o sarrio nos dentes?O tártaro dental ou cálculo dental é unha calcificación da placa dental bacteriana que se acumula ao redor dos dentes, unha substancia esbrancuxada e pegañenta que se adhire á superficie dos mesmos. Esta placa pódese eliminar facilmente mediante un escovado, pero se non se fai correctamente, pode calcificarse e orixinar o mencionado tártaro.

Publicidade

Tipos de sarrio

O cálculo dental fórmase pola precipitación de sales minerais presentes na saliva, como o calcio e o fósforo. Isto pódese deber a unha hixiene dental escasa, á composición da saliva, a determinados tipos de dietas ou de hábitos de vida. Segundo a súa localización, distinguimos dous tipos: supraxenxival e subxenxival. O primeiro está situada por enriba da enxiva e é visible a simple vista. É o menos prexudicial e máis fácil de eliminar. O subxenxival está situado na raíz do dente debaixo da enxiva e non é visible a simple vista. Este é o máis perigoso, xa que é unha das causas da enfermidade periodontal. A placa dental e sarrio acumúlanse millóns de bacterias que poden causar caries, enfermidade periodontal, mal alento, algunhas enfermidades sistémicas e problemas estéticos.

Como eliminar o sarrio dental? Como é unha estrutura compacta mineralizada, non se elimina cun simple escovado e, segundo a profundidade á que se atope, así será o tratamento.

Profilaxe periodontal

A profilaxe periodontal éun tipo de limpeza habitual é suficiente para eliminar o tártaro supraxenxival. Esta profilaxe inclúe instrumentos como ultrasóns e curetas. O raspaxe e alisado de raíces úsase para eliminar o tártaro subxenxival que non é demasiado profundo. Realízase baixo anestesia local, empregando instrumentos chamados curetas que se introducen a través da enxiva para chegar ao tártaro que está unido á superficie das raíces.

A cirurxía periodontal serve para eliminar o sarrio subxenxival máis profundo

A cirurxía periodontal serve para eliminar o sarrio subxenxival máis profundo. Este tratamento consiste en facer incisións na enxiva para separala e poder acceder correctamente a todo o contorno da raíz. Deste xeito, pode eliminarse o tártaro, pulir a superficie das raíces para evitar a acumulación de tártaro, eliminar o tecido xenxival afectado, volver a contornear o óso arredor do dente se é necesario e finalmente suturar a enxiva.

Cómo evitar o tártaro

Cómo evitar a formación de tártaro? É moi importante que ademais de escovar os dentes despois de cada comida, se empregue fío dental ou cepillos interproximais cando sexa necesario. Tampouco debemos esquecer limpar a lingua correctamente. Tamén é recomendable acudir ao dentista polo menos dúas veces ao ano e realizar as profilaxes dentais profesionais que lle recomende.


Máis información sobre alveolite: 👉 https://bit.ly/sarrioCP

Outros vídeos relacionados con este tema:

Dentalk é un proxecto da Clínica Médica Dental Pardiñas no que se responden ás dúbidas sobre saúde bucodental. Máis vídeos de Dentalk aquí 👉 https://bit.ly/dentalkGA

Subscríbete á canle e deixar os teus comentarios 👉 http://bit.ly/suscribeteCP

Segue a Dentalk tamén en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas