Sexo oral e enfermidades de transmisión sexual: como previlas e tratalas?

A falta de precaucións nos encontros sexuais pode dar pé á aparición de infeccións como a sífilis, a gonorrea, a clamidia ou a do virus do papiloma humano

As enfermidades de transmisión sexual (ETS) son un importante risco a ter en conta á hora de manter relacións. Prácticas como o sexo oral, de non tomar determinadas precaucións, poden converterse na vía de entrada ao organismo de patóxenos, causando patoloxías bucais que ás veces se estenden a outras partes do organismo.

“Moitas enfermidades infecciosas, como o VIH, a clamidia, mononucleose, a varicela, a tuberculose, a sífilis, o herpes ou a gonorrea, poden producir manifestacións e lesións na boca e, á súa vez, poden transmitirse a través do contacto con fluídos corporais como a saliva. En moitos casos, a presenza de feridas ou úlceras na boca fai que os fluídos dos xenitais da parella sexual entren en contacto co corpo, desenvolvendo unha infección localizada”, explica Simón Pardiñas López, director médico da Clínica Pardiñas e especialista en Cirurxía Oral e Periodoncia. Advirte o experto, con todo, de que a infección pode transmitirse tamén en sentido contrario.

Síntomas de ETS na boca

Hai diversos síntomas que poden indicar a presenza de enfermidades de transmisión sexual na boca, como poden ser feridas ou úlceras, ampolas, arrubiamento das mucosas, inflamación dos ganglios linfáticos, dor e inflamación da boca e da gorxa, dificultade ao tragar, febre, perda de apetito, secreción de pus ou aparición de manchas.

Con todo, tal e como advirte Pardiñas, en ocasións non hai síntomas evidentes da presenza dunha enfermidade, polo que cómpre manter sempre as medidas de prevención no sexo oral. É o caso, por exemplo, do virus do papiloma humano, que moitas veces non adoita ter manifestacións específicas.

Prevención e tratamento

É recomendable, por tanto, facer probas para detectar posibles infeccións revisións periódicas no dentista, xa que en moitos casos é posible detectar precozmente este tipo de lesións e outras potencialmente malignas.

O uso de profilácticos e unha boa hixiene son a primeira barreira de contención para evitar a transmisión destas doenzas.

Porén, en función do tipo de enfermidade e a súa gravidade, existen tratamentos antisépticos e anestésicos para reducir o seu avance e, noutros casos, paliar a dor que causan as lesións. Nalgúns casos, os fármacos antivirais poden ser útiles cando aparecen os primeiros síntomas.

En colaboración con Clínica Pardiñas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.