Xoves 28 Marzo 2024

Sensibilidade dental: tratamento e causas

O simple contacto cun xeado ou unha bebida quente é ás veces unha experiencia dolorosa? Se é así é posible que teña os dentes sensibles, un dos problemas dentais máis frecuentes

O simple contacto cun xeado ou unha bebida quente é ás veces unha experiencia dolorosa? O uso de fío dental cáusache molestias de cando en vez? Se é así, é posible que teña os dentes sensibles, un dos problemas dentais máis frecuentes.

Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas fálase sobre a hipersensibilidade nos dentes e de posibles tratamentos. A sensibilidade dental defínese como unha dor dos dentes ante un estímulo, ben de contacto, cambio de temperatura ou pola natureza química da substancia que estamos a comer.

Publicidade

A orixe da sensibilidade dental

Cando a dentina perde a cuberta protectora ou as enxivas se retraen, estes túbulos permiten que a calor e o frío ou os alimentos acedos ou pegañentos cheguen aos nervios e células dentro do dente, xerando a mencionada sensibilidade dental. Vén orixinada por unha erosión do esmalte ou do cemento. E esta erosión, á súa vez, pode ser provocada por motivos moi diversos: alimentos, carie dental, medicación, limpeza de dentes incorrecta, bruxismo, dentes fracturados, enfermidade das enxivas ou recesión de enxivas.

Tratamento

A pesar do incómoda que poida resultar, a sensibilidade dental ten solución, aínda que o tipo de tratamento dependerá de que a estea causando: pastas de dentes desensibilizantes, xel de flúor, a coroa, obturación ou incrustación, enxerto de enxiva ou endodoncia.

Levar unha dieta adecuada pode axudar neste sentido. Recoméndase evitar bebidas e alimentos azucrados ou moi fríos / quentes e aumentar o consumo de oxalato e de produtos lácteos.

Máis información sobre a sensibilidade dental: 👉 https://bit.ly/sensibilidadeCP.

Outros vídeos relacionados con esta materia:

Dentalk é un proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas no que respondemos as vosas consultas sobre saúde bucodental. Animámosvos a subscribirvos á canle e deixar os vosos comentarios. 👉 http://bit.ly/suscribetecp

Máis vídeos de Dentalk aquí 👉 https://bit.ly/dentalkGA

Segue a Dentalk tamén en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas