Saúde bucodental e prevención contra o coronavirus

Un audiovisual realizado pola Clínica Pardiñas que nos amosa as medidas a tomar para previr a propagación do SARS-CoV-2

Un audiovisual de animación realizado pola Clínica Pardiñas que nos amosa as medidas a tomar en clínias dentais e outros centros sanitarios para evitar a propagación do coronavirus.

Moitas enfermidades contaxiosas propáganse mediante o contacto directo ou indirecto de persoas. As bacterias e virus como o SARS-CoV-2 ou coronavirus, poden transmitirse transportadas por micropartículas de saliva que expulsamos ao toser, esbirrar, falar ou a través do contacto das nosas mans con distintas superficies.

Estes elementos patóxenos, se non se seguen unha serie de precaucións, poden acceder ao noso corpo a través das nosas vías aéreas ou mucosas, despois de tocar superficies contaminadas ou estando en contacto próximo cunha persoa infectada. “É importante coñecer a historia médica do paciente, para descartar síntomas que poidan indicar unha posible infección”, explican os especialistas da Clínica Médico Dental Pardiñas..

O SARS-CoV-2 é un virus altamente contaxioso que afecta as vías respiratorias, producindo síntomas como febre, tose, disnea, malestar xeneral e, nos casos máis graves, pneumonía, síndrome respiratorio agudo e fallo renal.

Unha vez o virus está dentro do corpo humano, deposita o seu material xenético dentro dos ribosomas das células hóspede.

“Estes ribosomas tratan ao ARN do virus coma se fose propio e actúan como fábricas creando novas proteínas víricas que facilitan a replicación do virus, propagándose así sucesivamente a novas células hóspede”, explica Simón Pardiñas. Se non se toman as medidas de protección necesarias, como son o uso de máscaras co factor de protección axeitado, lentes de protección, gorro e luvas, o profesional sanitario ten un elevado risco de contaxio, ao estar moi próximo ao paciente. Para minimizar e evitar ao máximo un potencial contaxio é importante seguir unha serie de protocolos como son:

  1.  Instruír ao paciente en lavarse as mans con auga e xabón durante polo menos 1 minuto e posteriormente aplicar xel hidroalcólico.
  2.  Manter unha separación de polo menos 1 metro con outros pacientes na sala de espera; evitar o contacto físico.
  3.  Facer enxuague bucal durante 1 minuto con peróxido de hidróxeno ao 1% antes de comezar co tratamento.
  4.  O profesional sanitario deberá utilizar os equipos de protección axeitados; refugar o material non esterilizable unha vez rematado o tratamento; esterilizar todo o material susceptible diso e desinfectar todas as superficies da clínica.

Tamén é importante cambiar de cepillo dental despois de pasar calquer tipo de enfermidade contaxiosa para evitar futuros contaxios, xa que pode ser unha fonte de bacterias e virus importante.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.