Martes 23 Abril 2024

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Os piercings orais están de moda, pero non son inofensivos, poden causar numerosas complicacións e lesións se non se usan correctamente. Neste novo vídeo Dentalk da Clínica Médico Dental Pardiñas abórdanse os riscos deste tipo de perforacións bucais e como se poden evitar evitar.

As complicacións

O uso inadecuado de piercings orais pode desencadear algunhas complicacións na saúde bucal, empezando polas consecuencias derivadas da súa colocación. Despois de poñelo, é frecuente a inflamación da zona perforada, dor, dificultade para falar e mastigar, sangrado, hipersialia (exceso de salivación), infección e parestesia. Tamén é frecuente que se produzan lesións nos tecidos duros polo uso de piercings orais. As fisuras adoitan ser os danos máis habituais, seguidos de abrasións e pigmentacións.

Publicidade

Este tipo de perforacións tamén teñen consecuencias nos tecidos brandos da boca. As lesións máis frecuentes son a pegada, recesión da enxiva, seguida da depilación, queloides e úlceras. Pero as que máis preocupan aos dentistas son as as lesións periodontais, xa que se producen en case a metade de todos os piercings. Poden aparecer primeiro como lesións no tecido da enxiva e, posteriormete, como unha recesión das enxivas, o que tamén pode derivar nun problema estético.

Así mesmo, pódense producir alteracións do gusto debido ao uso de piercings orais. O uso deste tipo de elementos pode causar o que se denomina disgeusia, especialmente nos casos de piercings na lingua debido aos danos que isto causa nos nervios e nos vasos sanguíneos. Finalmente, este tipo de perforacións poden causar mal alento se a hixiene bucal non é extrema, debido á acumulación de restos de alimentos e placa na zona perforada.

Como evitalas?

Aínda que a Clínica Dental Pardiña desaconsella o uso de piercings orais, é posible reducir o seu impacto tendo en conta unha serie de recomendacións. Por exemplo, evitando o contacto da perforación con dentes e enxivas. Os piercings da lingua e dos beizos deben colocarse e usarse de xeito que non poidan chocar cos dentes. Para aseguralo, recoméndase levar pequenas xoias. Ademais, os piercings non deberían poder xirar no interior do beizo.

Tamén, empregar xoais de boa calidade. É importante facer uso sempre de aceiro inoxidable de calidade cirúrxica, titanio, ouro de 14 quilates ou outros piercings axeitados para evitar problemas relacionados con metais de baixa calidade. Así mesmo, ter unha hixiene bucal extrema, asegurándose de que os dentes e as enxivas están limpas, así como os materiais do piercing. Finalmente, visitar o dentista con frecuencia. Aínda que a Clínica Dental Pardiñas aconsella facer revisións regulares en todos os casos, incide en que deben ser máis habituais naquelas persoas con piercings na boca para ter un maior control da súa saúde bucodental.


Séguenos tamén en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención

Branqueamento dental: todo o que precisas saber para branquear os dentes

É un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores, aínda que o que realmente afectado é a dentina ou capa intermedia

Carie dental: causas, prevención e tratamento

Mentres que nos adultos é a enfermidade periodontal a principal causa de perda de dentes, nos nenos e novos é a carie