Venres 29 Marzo 2024

Infección tras extracción de dentes: a alveolite

A alveolite dental é unha infección que pode xurdir nos días posteriores á extracción dun dente. Pero, como se orixina esta infección? Canto dura? Cal é o tratamento? Aquí explicámolo.

Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas falamos das causas, síntomas e tratamento da alveolite dental, que pode aparecer despois da extracción dos dentes. Polo xeral, fórmase un coágulo de sangue sobre a o alvéolo, o que otorga as primeiras etapas de curación e protexe as terminacións nerviosas da cavidade dental baleira. Cando este coágulo non se forma, falamos de alveolite.

Publicidade

A causa específica da infección despois da extracción dos dentes non se coñece, pero sospeitase que hai varios factores que poden estar implicados como a contaminación bacteriana ou os restos alimentarios no alvéolo, o trauma excesivo durante a extracción, o tabaco e a xenética.

Algúns dos síntomas son dor, mal sabor na boca, inchazón de glándulas baixo a mandíbula e febre

Cando se expoñen as terminacións nerviosas, xérase dor intensa na zona, que normalmente aparece durante os primeiros tres días despois dunha extracción. Outros síntomas son o mal sabor na boca e o mal alento, as glándulas inchadas baixo a mandíbula e o pescozo e a febre.

Tipos de alveolite

Dependendo dos síntomas que se desenvolvan con esta infección, podemos distinguir entre a alveolite seca, onde non se forma o coágulo, ou a húmida, onde se forma pero rompe debido a algunha causa externa. Para previr a infección, hai varias recomendacións eficaces que evitan o desenvolvemento de alveolite, como non fumar, beber alcol nin facer esforzos excesivos os días posteriores á extracción, extremar a hixiene oral e mastigar no lado oposto á extracción durante unha semana. Colocar o plasma rico en factores de crecemento (PRGF) no alvéolo tamén axuda.

O tratamento principal da alveolite dental é sintomático con medicamentos para a dor e / ou antibióticos. Tamén é importante eliminar os restos de alimentos irrigando a zona con solución salina. Ás veces recoméndase curetar a cavidade para descontaminar a superficie ósea e provocar hemorraxias para que poida formarse un novo coágulo.


Máis información sobre alveolite: 👉 https://bit.ly/alveoliteCP.

Outros vídeos relacionados con este tema:

Dentalk é un proxecto da Clínica Médica Dental Pardiñas no que se responden ás dúbidas sobre saúde bucodental. Máis vídeos de Dentalk aquí 👉 https://bit.ly/dentalkGA

Subscríbete á canle e deixar os teus comentarios 👉 http://bit.ly/suscribeteCP


Segue a Clínica Dental Pardiñas en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Serra da Capelada foi un glaciar da última Idade do Xeo: “É un caso singular en toda a península”

O traballo do catedrático e investigador da USC Augusto Pérez-Alberti analiza a súa configuración xeomorfolóxica e a paisaxe

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde