Sábado 20 Abril 2024

Enxivas retraídas: por que se producen e como tratalas

A retracción do tecido que rodea os dentes pode acabar causando problemas de sensibilidade, estéticos e de desgaste

Un dos problemas máis habituais na saúde bucodental é o da retracción das enxivas, o que deixa ao descuberto parte das pezas dentarias. Existen varias causas que poden conducir a estas retraccións. “Por unha banda, hai pacientes que xeneticamente teñen unha enxiva fina e débil (do mesmo xeito que hai persoas que teñen a pel máis fina), e que por tanto estarán máis predispostos a sufrir unha recesión de enxivas, ben sexa debido a traumatismos por unha excesiva forza e incorrecta técnica de cepillado de dentes, ben sexa debido a unha mala posición do dente con respecto ao óso que o rodea, ou a ausencia deste”, explica o doutor Simón Pardiñas, director da Clínica Médico Dental Pardiñas.

Outra causa de recesión de enxivas é a enfermidade periodontal ou periodontite. É importante distinguir estes tipos de recesión de enxivas, xa que a causa da retracción de enxivas na enfermidade  periodontal é a perda de óso interproximal (o óso que está entre os dentes) por mor das bacterias presentes na placa e o sarrio. Estas recesións que se deben á perda de óso interproximal non será posible tratalas con enxertos, xa que para que un tratamento con enxertos sexa exitoso é importante que haxa un bo óso interproximal.

Publicidade

Tratamentos

En caso de recesións non debidas a enfermidade periodontal e nos casos no que está indicado, esta situación pode resolverse mediante un enxerto de tecido conectivo. “O procedemento consiste en obter un pequeno anaco de enxiva do padal que posteriormente se enxerta na área previamente preparada onde existe a recesión”, apunta o doutor Pardiñas. Despois desta intervención, a zona irá cicatrizando aos poucos, cubrindo así a lesión. Este novo tecido será idéntico ao de zonas adxacentes. O proceso de cicatrización dura ao redor de 6 semanas, pero o remodelado de enxiva pode seguir producíndose ata 12 meses despois.

Outra técnica para cubrir recesións consiste en usar materiais de enxerto procedente de animais ou humanos en lugar do propio tecido do paciente. O enxerto modélase en función da anatomía da recesión que se quere cubrir. O tipo de enxerto cicatrizará da mesma maneira que o de tecido  conectivo do propio paciente.

Con estas técnicas, non só se logra cubrir a recesión, senón tamén conseguir un grosor de enxiva suficiente para evitar a súa reaparición e lograr unha correcta saúde das enxivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días

O risco de cegueira en persoas diabéticas é 25 veces maior que no resto da poboación

A perda de visión severa é evitable en máis do 90 % dos casos se se aplica un diagnóstico e tratamento precoz

A pouca coñecida relación entre a boca e a saúde mental

As persoas con depresión, trastornos da conduta alimentaria, esquizofrenia ou autismo teñen peor saúde bucodental

Unha técnica logra combinar na mesma proba diagnóstico e tratamento para a artrite

Esta enfermidade caracterízase pola inflamación das articulacións, cunha prevalencia superior en persoas maiores e mulleres