Martes 16 Abril 2024

Carie dental: causas, prevención e tratamento

Mentres que nos adultos é a enfermidade periodontal a principal causa de perda de dentes, nos nenos e novos é a carie

Mentres que nos adultos é a enfermidade periodontal a principal causa de perda de dentes, nos nenos e novos é a carie. Por ese motivo, tratar de previla é unha parte fundamental para manter unha saúde oral adecuada. Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas falamos sobre a carie dental

A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na boca. Cando consumimos produtos azucrados ou hidratos, estas bacterias fabrican durante o seu metabolismo uns ácidos capaces de destruír o esmalte dental. Unha vez que a carie penetra no esmalte, o seu avance é imparable posto que a dentina, a estrutura que está debaixo do esmalte, é moito máis fráxil. Se non se atalla a tempo, a carie pode invadir a pulpa (nervio) provocando a típica dor de moas. Se isto ocorre, sería necesario realizar unha endodoncia da peza (matar o nervio) ou mesmo extraer o dente se está moi afectado.

Publicidade

Máis información sobre a carie dental 👉 https://bit.ly/carieGCP

Otros vídeos relacionados con esta materia:

Dentalk é un proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas para dar resposta a consultas sobre saúde bucodental

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carie: os dentes non só caen se abusamos do azucre

A enfermidade periodontal tamén causa a perda de pezas dentais e pode producir por unha mala hixiene oral e o abuso de alimentos ricos en azucres

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención