Branqueamento dental: todo o que precisas saber para branquear os dentes

É un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores, aínda que o que realmente afectado é a dentina ou capa intermedia

Que é o branqueamento dental? Son os dentes realmente brancos? Como é o procedemento para branquear os dentes? Que materiais se usan para branquear os dentes? Neste novo vídeo Dentalk da Clínica Médico Dental Pardiñas trataremos de resolver estas e moitas outras dúbidas.

Os dentes son realmente brancos?

O branqueamento dental externo é actualmente un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores. Aínda que se chama externo, o que se branquea é a dentina. A coroa do dente na súa estrutura está formada por esmalte (parte máis externa), dentina (capa intermedia) e pulpa dental (estrutura interna). O esmalte non ten cor, é traslúcido como o cristal. A dentina é a que realmente dá a cor ao dente.

Precísase anestesia?

O branqueamento dental externo farase sen anestesia para poder percibir as sensibilidades, xa que é en realidade o dente é o que nos vai a indicar ata onde podemos branquear, de nada nos vale ter un dente branquísimo se nos queda hipersensible. Se durante o procedemento as sensibilidades son moitas, haberá que parar e seguir noutra sesión, ou parar aí definitivamente o tratamento porque o dente non nos permite ir máis lonxe.

Son necesarios os analxésicos?

Ao finalizar o tratamento e ao día seguinte os dentes poden e adoitan quedar lixeiramente sensibles así como a enxiva circundante, mesmo en ocasións pode requirir a toma de analxésicos o día do tratamento, pero habemos de dicir que estas molestias, de habelas, serán pasaxeiras e de intensidade baixa se se seguen os protocolos correctos.


Séguenos tamén en:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.