Venres 29 Marzo 2024

Así cambiaron as catro capitais galegas nos últimos 100 anos

O Instituto Geográfico Nacional compila mapas históricos do país grazas a "España Regional", un atlas publicado en 1910

Pasear ás beiras do Lérez e do Miño, percorrer a muralla de Lugo e camiñar ata a Torre de Hércules. Son monumentos e paisaxes emblemáticas das catro capitais galegas. Hai un século, os nosos devanceiros podían facer exactamente o mesmo: desfrutar da beleza das nosas cidades. Porén, os nosos espazos urbanos non son os mesmos que naqueles comezos do século XX. Para dar conta desta imparable evolución basta con mergullarse un pouco na historia. En 1910 publicouse España Regional, un atlas formado por catro tomos nos que se cartografaron as provincias do país e as súas capitais. E malia que xa pasaron máis de 100 anos, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) aínda conserva este tesouro.

Así é que España Regional conseguiu retratar algunhas cidades españolas. Segundo indican dende o IGN, o atlas foi publicado en 1910 e detrás da súa creación estiveron Ceferino Rocafort e Casimiro Dalmau, encargados das descricións. Os mapas foron elaborados polo enxeñeiro Benito Chías y Carbó, xunto con outros profesionais dos que non se especifica nome. A publicación, formada por catro tomos, dedicou os dous últimos aos planos de provincias e capitais, incluíndo un nomenclátor das vías e edificios públicos. Mais España Regional foi máis alá e constaba doutros dous volumes cunha descrición pormenorizada do territorio, as fronteiras e a xeografía española, entre moitos outros aspectos.

Publicidade

Os dous primeiros tomos non se poden consultar dende a base de datos do IGN, pero si os últimos. É dicir, aqueles que aínda salvagardan o esqueleto das cidades do país. No caso de Galicia, cartográfanse A Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo. Tan só hai que somerxerse na historia (e nos mapas) para comprobar por un mesmo canto cambiaron as nosas capitais nos últimos 100 anos.

A Coruña

Arriba, plano da Coruña de 1910. Abaixo, imaxe actual de Google Maps. Crédito: IGN / Google Maps

Pontevedra

Arriba, plano de Pontevedra de 1910. Abaixo, imaxe actual de Google Maps. Crédito: IGN / Google Maps

Ourense

Arriba, plano de Ourense de 1910. Abaixo, imaxe actual de Google Maps. Crédito: IGN / Google Maps

Lugo

Arriba, plano de Lugo de 1910. Abaixo, imaxe actual de Google Maps. Crédito: IGN / Google Maps

Mapas de provincias

Ademais dos planos de poboación, o último tomo incluía os mapas das provincias de España. A continuación pódense consultar os de Galicia.


Se queres consultar os planos doutras cidades españolas podes premer na seguinte ligazón.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional