Venres 19 Abril 2024

Atopada en Atapuerca a cara do homínido máis antigo de Europa

Os investigadores abren de novo as portas ao estudo do xénero humano e a descifrar o enigma da aparición do rostro moderno

Un equipo de arqueólogos de Atapuerca atoparon o rostro dun homínido, cuxa especie está aínda por determinar, que viviu hai entre 1,2 e 1,4 millóns de anos, o máis antigo de Europa. Este feito abriría de novo as portas para descifrar o enigma da aparición da cara moderna e para comprender mellor a evolución do xénero humano fóra do continente africano. Os investigadores indicaron en Instagram que os restos parciais da cara, xunto a un dente do homínido, foron achados no cadro K29 do xacemento da Sima do Elefante (na serra de Atapuerca en Burgos) e o proceso de restauración do fósil foi realizado nos laboratorios da Residencia Gil de Siloé de Burgos.

Os xacementos atópanse a uns 15 kilómetros ao leste de Burgos. Como indica os investigadores na súa páxina web, comezaron a ter especial relevancia científica e social a partir do achado dos restos da Sima de los Huesos no ano 1992 e o achado, dous anos máis tarde, de restos humanos de máis de 900.000 anos de antigüidade e que definiron unha nova especie coñecida como Homo antecessor. No ano 2000, a UNESCO declarou os xacementos de Atapuerca como Patrimonio da Humanidade.

Publicidade

Ata o momento, nos xacementos da serra de Atapuerca, atopáronse restos fósiles e evidencias da presencia de ata cinco especies de homínidos diferentes: o Homo sp. (de fai 1.300.000 anos), Homo antecessor (de 850.000 anos), preneandertal (de 500.000 anos), Homo neanderthalensis (de 50.000 anos) e Homo sapiens. Deste modo, os novos achados do rostro do primeiro homínido europeo pasarían a ser un dos descubrimentos máis destacados dos últimos tempos.

Estes restos humanos foron hoxe presentados polos codirectores de Atapuerca, Juan Luis Arsuaga, José María Bermúdez de Castro e Eduald Carbonell; pola coordinadora do xacemento da Sima do Elefante, Rosa Huguet e por Gonzalo Santoja, conselleiro de Cultura de Castilla e León. Os expertos adiantaron que é posible seguir atopando novos restos desta especie en próximas escavacións na Sima do Elefante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Un estudo da UVigo atopa en Etiopía os restos de Homo erectus máis antigos do mundo

Sitúan por primeira vez a aparición destes homínidos e da tecnoloxía achelense hai dous millóns de anos

Así se conserva o ‘Titanic’ galego: “Parece que se afundiu onte”

O obxectivo da investigación Ría de Viveiro I é comprender como vivían as entidades poboacionais e a influencia do mar na súa evolución