Xoves 18 Abril 2024

O viño como fonte de saúde

                                                                                                                                                                                                                                                       Por Carolina Buján

A sociedade actual cada vez é máis consciente da cantidade limitada de recursos naturais dos que dispoñemos no noso planeta e da crecente demanda que se fan deles. Esta concienciación faise presente no aumento de interese das persoas pola reciclaxe e o aproveitamento dos recursos. Por iso, nos últimos anos tanto investigadores coma grandes empresas estanse unindo para aproveitar os recursos naturais o máximo posible sen danar ó medio ambiente e favorecendo a saúde humana.

Publicidade

Un dos implicados neste movemento é o grupo de investigación LIDSA (Universidade de Santiago de Compostela) liderado pola profesora Marta Lores Aguín, que dende o ano 2009 está a buscar alternativas para aproveitar os subproductos derivados da industria do viño.

Pero, a que nos referimos ó falar de subproductos? Pois a algo tan sinxelo como é o bagazo do viño. Este material é o residuo que deixa a uva despois de ser espremida, é dicir, a pel, xunto con outra materia orgánica como poden ser as sementes, as pólas e as follas da vide. Esta materia posúe un alto contido en polifenois, uns axentes químicos con grandes propiedades antioxidantes beneficiosas para a saúde do ser humano e que poden ser utilizados en diversos ámbitos da industria como pode ser a alimentación, a farmacéutica e a cosmética. Ademais, cómpre non esquecer que o bagazo é un produto ecolóxico e que posúe unha vantaxe competitiva na industria xa que o seu custe é cero.

Os polifenois que se atopan no bagazo posúen propiedades antioxidantes

Como mencionamos con anterioridade, os polifenois que existen no bagazo do viño posúen unha serie de propiedades antioxidantes que poden ser aplicables á industria farmacéutica, como confirma o Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (LIDSA). Estas propiedades poden ser capaces de previr enfermidades asociadas ao estrés oxidativo como o cancro, as enfermidades cardiovasculares ou, incluso, as enfermidades neurodexenerativas, como o Alzheimer. Outras utilidades que se lle poden dar a este subproducto básanse en tratamentos para curas de úlceras, gastritis crónica, acné e incluso caries.

Na cosmética, estes recursos tamén teñen un oco. A súa actividade antioxidante podería utilizarse co obxectivo de contrarrestar o envellecemento prematuro da pel e incluso para protexela dos efectos canceríxenos dos raios de luz tipo UV53. Por outro lado, tamén servirían para favorecer a correcta conservación de produtos cosméticos como as cremas ou a maquillaxe.

Respecto ao sector alimentario, a crecente preocupación da sociedade pola utilización de produtos químicos sintéticos en diversos sectores industriais e de alimentación, levou a este grupo de investigadores da USC a buscar alternativas para potenciar unha vida máis saudable para todos. As respostas atopámolas, como non, nos polifenois que poden actuar como elemento complementario para unha conservación dos alimentos máis ecolóxica. Por último, outra das súas propiedades é o seu alto contido en fibras dietéticas e antioxidantes.

As investigacións do equipo LIDSA derón pé á creación de novas empresas

A sociedade cada vez estase dando máis de conta de que a natureza non vai estar ahí para sempre, que os recursos esgótanse e que os residuos aumentan. Os compoñentes polifenólicos presentes na uva e noutros materiais (como froitas, verduras e cascas de árbores como o piñeiro) posúen unha amplia variedade de aplicacións na industria debido ó seu carácter antioxidante e antimicrobiano e a idea da utilización destes residuos entre as empresas (sobre todo as forestais e agrícolas) é tendencia. Este método é unha maneira de reducir custos, mellorar a produción e aproveitar eses lixos, polo xeral contaminantes, para crear nova materia non só beneficiosa para o medio ambiente, senón tamén para o ser humano.

Sen embargo, todo isto non sería posible sen a incrible labor de investigación científica que se está levando a cabo. Investigacións como a do equipo LIDSA da Universidade de Santiago de Compostela, que deron pé, a través dos seus datos e das súas patentes, á creación de novas empresas como é o caso de i-Grape Laboratory, gañadora do concurso “Programa Argos 2013” e que na actualidade traballa nesta liña de investigación propoñendo novos produtos derivados de extractos naturais mediante técnicas medioambientais sostibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China