Biogroup aborda o tratamento dos residuos das augas para darlle unha nova utilidade.
Biogroup aborda o tratamento dos residuos das augas para darlle unha nova utilidade.

Dun residuo a un recurso

Por Antonio Méndez e Uxía Carrera

O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) centra a súa investigación no tratamento de augas residuais, tanto urbanas como industriais. Nos seus laboratorios, situados na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE), existen diversas liñas de investigación: dende á limpeza de augas residuais, eliminando o nitróxeno presente nelas por exemplo, ata procesos dirixidos cara á valorización das mesmas.

Os diferentes grupos de traballo empregan procesos biolóxicos innovadores para o tratamento de augas. Pódense destacar o proceso de nitrificación parcial e Anammox, o proceso de granulación aerobia e o proceso de desnitrificación. Por outra parte, obteñen biopolímeros co fin de valorizar os recursos naturais que están presentes nas augas residuais. Ademais dos reactores situados nos seus laboratorios, o Biogroup ten instalados reactores en plantas conserveiras para a limpeza das augas. O resultado que se espera, entre outros, é conservar e protexer o ecosistema galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.