Venres 29 Marzo 2024

Os cogomelos, fonte de riqueza medioambiental e medicinal

Por Ana González e Lourdes Prieto

Este vídeo é froito dunha entrevista feita a Esteban Sinde, cofundador da empresa Hifas da Terra. Nas imaxes amósanse os terreos da organización e o seu funcionamento, mentres Esteban explica o seu traballo, que se fundamenta nos usos e aplicacións dos cogomelos no terreo medioambiental e medicinal.

Publicidade

Entre outras cousas, a entidade logra facer produtos específicos para pacientes oncolóxicos que complementan a quimioterapia. A súa labor ten lugar en Pontevedra, onde tamén teñen unha tenda para vender os produtos que elaboran, ademais de comercializalos na súa web.

6 COMENTÁRIOS

  1. Gracias por este video tan interesante sobre os cogumelos..acabadesme de amosar un amplio campo de coñecemento sobre eles..non sabía que se podían empregar en tantos campos..muy interesante

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Gciencia arrinca unha nova edición do ciclo 'Ciencia en feminino'

O programa desenvolverase os xoves 14 e 21 de marzo e os días 4 e 11 de abril ás 19.00 horas e en 'streaming'

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo