Xoves 28 Marzo 2024

Drones que investigan na Universidade de Vigo


Andrés Valenzuela
Pablo Vázquez Varela
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra)

 
O fenómeno drone terá o seu máximo expoñente a nivel nacional na Universidade de Vigo. Así o decretou a AESA, a institución con máis autoridade da aviación española. A especialización nestes mecanismos aéreos traerá consigo un favorable desenvolvemento en diversos aspectos como os relacionados coa tecnoloxía ou os recursos naturais. Ademais, esta precursora incursión no traballo con drones supoñerá unha diferenciación e un maior potencial neste ámbito con respecto ás demais universidades do país.

Sede do CACTI da Universidade de Vigo.
Sede do CACTI da Universidade de Vigo.

Fai uns anos era cousa de ciencia ficción, agora é unha realidade. Estes mecanismos voadores irrumpiran inicialmente no mundo con fortes pretensións militares. Sen embargo, na actualidade incrementouse notablemente o seu uso para fins tecnolóxicos e de carácter científico. Este tema comezou a ter peso en España cun marco regulatorio temporal aprobado o pasado ano. Nel, recollíanse os requisitos e as normas que debían efectuar os responsables dos drones. “A razón é aproveitar o gran potencial económico que ten este sector emerxente e adaptarse ó desenvolvemento das novas tecnoloxías, mais garantindo a seguridade”, explicaba a Ministra de Fomento Ana Pastor.
Agora, en 2015, Galicia goza dun favorable posicionamento no avance destes artiluxios aéreos. O fenómeno drone chega á Universidade de Vigo para quedarse. A Unidade de Detección Remota do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI) adquiriu este aparello fai máis dun ano, e ata fai pouco o seu único cometido era facer voos de proba preto da praia da Lanzada. Mais agora, trala autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), este artefacto non tripulado, duns 2kg de peso, xa pode realizar todo tipo de actividades de I+D dende o aire: fotografías, filmacións, calibración de equipos, exploración meteorolóxica, petrolífera, arqueolóxica, marítima ou xeolóxica, etc.

Arqueoloxía, meteoroloxía ou prospección marítima serán funcións dos drones científicos

“Un aeromodelo é un robot voador, unha máquina que calquera pode mercar, pero para realizar traballos aéreos usando unha aeronave non tripulada de xeito legal, cómpre dispor da autorización da AESA”, explica Ramiro Álvarez, responsable da Unidade de Detección Remota do CACTI. Este novedoso proxecto ten máis alcance do que poida parecer a priori: a Universidade de Vigo é o único centro académico do país en conseguir esta autorización. Os seus únicos competidores polo de agora son empresas privadas, pero as súas esixencias económicas son moito maiores cas da universidade galega.
Ramiro coméntanos como comezou este gran logro para a Universidade e para o sector da investigación galega fai cousa dun ano: “Contactamos coa AESA para enviarlles toda a documentación por partes. Por unha banda á relativa aos pilotos e por outra, a da propia operadora, que inclúe un bo número de documentos, como caracterización da aeronave, estudo aeronáutico de seguridade, manuais de operación e mantemento ou pólizas de seguro”.

A praia da Lanzada dende un drone.
A praia da Lanzada dende un drone.

Estes aparellos que teñen o seu máximo expoñente na universidade viguesa, sobrevoarán máis territorios galegos. A Xunta de Galicia ten previsto para este ano contar con dous drones para casos de emerxencia e alto perigo. Manexados por un piloto en terra, os drones rastrearán desaparicións de persoas e detectarán incendios, desgraciadamente habituais nos bosques galegos en época estival.
Prevese un 2015 repleto de innovacións e progresos no campo dos drones en Galicia. A tecnoloxía está ó servicio das necesidades humanas e estes artefactos axudarán a mellorar diversos campos máis peculiares como o de prevención de riscos e mesmo o artístico. Sen dúbida, é unha sobresaínte nova para Galicia ver como cada vez máis drones elévanse sobre os territorios galegos abríndose camiño cara un futuro máis prometedor no ámbito científico- tecnolóxico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Satélites e drones para vixiar a calidade da auga dos encoros

A spin off da USC 3edata desenvolve en colaboración coa UDC e UNED un sistema con sensores multiespectrais que publican na revista 'Remote Sensing'

Vigo inaugura o centro de investigación Olimpia Valencia

Acolle no campus de Marcosende as instalacións do Centro de Investigacións Biométicas (Cinbio) e do CACTI

A UVigo anuncia o satélite galego ‘Lume-1’ contra os incendios forestais

A Agrupación Aeroespacial lidera o proxecto europeo Fire-RS, dotado con case dous millóns de euros

As mellores imaxes de Galicia dende un drone

A rede mundial Dronestagram de fotos aéreas amosa unha nova perspectiva do país