Martes 19 Marzo 2024

Células a control remoto

Por Andrea Alonso e Jorge Castro

MetBioCat supón un proxecto de investigación científica nos campos da química, a bioloxía e a medicina de tal relevancia que foi galardoado co ERC Advanced Grant, unha das bolsas europeas de maior relevancia no panorama científico actual. Jose Luis Mascareñas, gañador Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Química e catedrático en química orgánica da USC, é o pai fundador e director deste proxecto, que apostou por un equipo de investigadores xoves entre os que se encontran estudantes de grao e postgrao.

Publicidade

O proxecto deu comezo no 2012 por iniciativa de Mascareñas, como consecuencia de todo o seu coñecemento previo e a investigación realizada ó longo da súa carreira, e o seu obxectivo é estudar as posibilidades do uso de moléculas sintéticas para deseñar o comportamento das células. Os seus investigadores prevén poder acadar avances significativos no diagnóstico de enfermidades e a redución dos efectos secundarios dos medicamentos.

O director do CiQUS, José Luis Mascareñas, puxo en marcha o proxecto no ano 2012

Polo de agora están traballando na xeración de coñecementos e inciden “na importancia de descubrir máis, de saber máis”. Teñen acadado inducir transformacións químicas en estruturas subcelulares como as mitocondrias a través da introdución nestas de complexos metálicos sintéticos. Este descubrimento posúe unha relevancia notable, dado que as mitocondrias proporcionan as moléculas das que os seres vivos extraen enerxía, e aínda que é cedo para predicir as posibles aplicacións que poderá ter, poderíanse chegar a tratar enfermidades coma o Alzheimer.

Mascareñas tamén insiste no apartado de formación profesional que aporta o seu proxecto: “Somos unha empresa de creación de coñecemento”. O grupo de MetBioCat está formado por 24 investigadores de entre 23 e 35 anos. Teñen a múltiples estudantes de postgrao e postdourotrado baixo a súa tutela, o cal supón, segundo el, un importante impacto na sociedade, dada a formación de alto nivel que están a recibir. Desta maneira pretenden que estes alumnos logo poidan transmitir estes coñecementos ás vindeiras xeracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

Un novo test pode detectar o alzhéimer cunha precisión do 90 %

Unha investigación internacional con participación española desenvolveu unha proba que identifica un biomarcador clave chamado p-tau217

O IDIS e o IIS Galicia Sur investigan a relación entre estilo de vida e deterioración cognitiva no alzhéimer

Biomarcadores en sangue e o uso da intelixencia artificial poderán axudar na detección temperá desta doenza neurodexenerativa

É o alzhéimer un novo tipo de diabetes?

Trátase dunha hipótese aínda non confirmada, pero algúns sinais suxiren que podería existir un vínculo entre estas dúas enfermidades