Biomasa, as vantaxes da enerxía natural

Jonatan Toucedo e Iago Souto / Universidade de Vigo

A biomasa é un produto obtido a través de restos de orixe animal e vexetal que se poden utilizar cunha finalidade enerxética. Dentro do tipo vexetal, un dos biocombustibles ecolóxicos máis comúns son os pélets, biomasa sólida formada por restos de madeira entre outros. Dende a Facultade de Enxeñería Forestal, da Universidade de Vigo, un equipo de traballo investiga o comportamento desta biomasa na súa combustión. Así como os seus índices de risco na formación de restos ou lixos que se xeran nas caldeiras de tipo doméstico e industrial. Os resultados da investigación poderían ser un paso adiante na optimización deste combustible, xa que ó ter un orixe e proceso totalmente natural non xeraría ningún tipo contaminación medioambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.