Que ten que ver o ‘skate’ coa física?

Patinador realizando un 'ollie'. Sergio Enciso / CC BY-SA 2.0
Patinador realizando un 'ollie'. Sergio Enciso / CC BY-SA 2.0


As leis de Newton caben nunha táboa de monopatín e no patinador que a manexa. A través do ‘skate‘ poden explicarse e comprenderse moitas das premisas da Física. A gravidade, a forza, a aceleración, o rozamento, a inercia ou o principio de acción-reacción aparecen demostrados de forma case constante ao ver a un grupo de mozos e mozas facendo trucos coas súas táboas.

Para manexar con soltura e habilidade a táboa, dando chimpos, xirando o monopatín sobre si mesmo, facer cambios bruscos de dirección ou coller pulo para facer estas acrobacias, entran en xogo numerosos factores.

Así, para coller velocidade, o patinador debe imprimir cun dos seus pés unha forza superior ao rozamento que ofrece o chan sobre as rodas do patín. Para erguer o nariz do chan e poder cambiar de dirección, hai que xerar na cola unha forza vertical de acción que xere unha reacción coa mesma intensidade no nariz. Porén, o truco está en facer a forza xusta e precisa.

En movementos básicos, como o ollie, no que táboa e patinador se elevan no aire ao mesmo tempo, inflúe claramente o mencionado principio de acción-reacción. O patinador, desprazándose enriba da táboa, impulsa cara abaixo con unha perna a cola (parte traseira) do monopatín e eleva a outra perna para permitir que o nariz (parte dianteira) se levante no aire. Unha vez que a táboa está no aire, controla o nariz coa súa perna e permite que a cola se iguale en altura no aire, para despois caer a plomo sobre o chan. As forzas de acción e reacción permiten crear o efecto de que o patín se levanta no aire.

Outra das claves para que os trucos saían mellor e para evitar caídas é que o patinador acade un bo equilibrio, contrarrestando con habilidade e práctica as diferentes forzas que inflúen no seu movemento e o do patín.

logo_MEIC_FECYT_Web

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.