Xoves 28 Marzo 2024

Por que contamina o metano que emiten as vacas?

O metano (CH4) presente na atmosfera terrestre é un dos principais gases que provocan o coñecido efecto invernadoiro. Está presente en menor medida que o CO2, pero o seu efecto é sensiblemente maior que o do dióxido de carbono, pois ten una gran capacidade de absorción dos raios infravermellos. Non en tanto, permanece durante menos tempo na atmosfera. Estímase, con todo, que nas vindeiras décadas o impacto do metano acabará sendo semellante ao do principal axente que causa o quecemento da atmosfera.

Este gas, incoloro, inflamable e non tóxico, é emitido por dúas fontes principais. Por unha banda, ten unha orixe natural, procedente dos mecanismos de descomposición de materia orgánica en ausencia de osíxeno, que liberan o metano á atmosfera. E por outra, a orixe antropoxénica, a través das industrias de combustibles fósiles, e as actividades agrogandeiras.

Publicidade

A maior parte do metano das vacas sae en forma de eructo, non de ventosidades

dixestión nos rumiantes xera como refugallo o gas metano, polo que as vacas expúlsano ao exterior. Pero ao contrario do que se cre, a maior parte deste gas sae a través de eructos, pola boca, e non a través de ventosidades.

A nivel mundial, o CH4 emitido pola fermentación entérica do gando e o que procede da descomposición dos estercos representa case o 50% dos gases de efecto invernadoiro emitidos polo sector gandeiro, segundo a FAO. En España, o gando produce un 60% de todo o metano que se emite á atmosfera. E dentro desta porcentaxe, un 60% procede da fermentación entérica dos rumiantes, principalmente, o gando bovino. As vacas son, por tanto, un dos principais axentes emisores de metano en España.

Cada ano, unha vaca pode expulsar arredor de 100kg deste gas, e en Galicia hai máis de medio millón de vacas. Cómpre, por tanto, investigar para reducir esta cantidade.

logo_MEIC_FECYT_Web

2 COMENTÁRIOS

  1. Poderían citar o informe da FAO no que se cuantifica semellante porcentaxe? No informe de 2009 teño entendido que se asignada ao vacún o 5 % dos GEI. O 50% paréceme que debe ser un erro, espero que non tendencioso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.