Xoves 28 Marzo 2024

“En Galicia non se cumpre a normativa para evitar os riscos do radon”

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, no ano 2014 morreron en Galicia 1.690 persoas debido a tumores malignos de esófago, traquea, bronquios ou pulmón. Estímase que unha cuarta parte destas mortes estiveron relacionados coa excesiva exposición ao gas radon, un composto radioactivo que se filtra desde o subsolo ás vivendas . En 2001 calculábase que morreran arredor de 330 persoas por causas relacionadas coa exposición ao radón. O contacto con este elemento, incoloro, inodoro e insípido, é a segunda causa de morte por cancro de pulmón tras o tabaco, e a primeira entre os non fumadores. Ademais, algúns estudos sosteñen que  o risco de desenvolver un tumor maligno no pulmón é 40 veces maior cando interaccionan o tabaquismo e unha alta exposición ao radon.

Galicia, polo seu chan en gran parte granítico, é unha das zonas da península Ibérica con índices máis altos de presenza deste gas. Desde o Laboratorio de Radon de Galicia da USC, que dirixe Juan Miguel Barros Dios, levan máis de 25 anos traballando porque as Administracións afronten dunha vez, de xeito decidido, o que é un serio problema de saúde pública para o país.

Publicidade

“Máis da metade da poboación de Galicia está en zonas de alto risco”, advirte o profesor Barros. No mes de novembro, presentou xunto ao seu colega Alberto Ruano o Mapa de Radon de Galicia, unha laboriosa radiografía elaborada durante anos de traballo de campo e investigación, con máis de 3.500 medicións por todo o país. E o debuxo é preocupante. 30 das 53 comarcas galegas (126 municipios de 313) presentan unha concentración superior aos 300 becquerelios por metro cúbico (Bq/m3), o límite que establece a nova directiva europea que entrará en vigor o vindeiro ano. Non en tanto, Barros subliña que este límite é excesivamente laxo. En 2009, a OMS reduciu o límite recomendable ata os 100 Bq/m3 nun informe no que participaron Barros e Ruano. O director do Laboratorio de Radon subliña que esa é unha cifra máis cauta xa que, según lembra, ten atopado casos de cancro causados polo radon en persoas expostas a niveis de non máis de 150 Bq/m3.

Deste xeito, se o límite recomendable se baixase aos 200 Bq/m3, serían 42 as comarcas afectadas, que inclúen a 188 concellos.

E que se está facendo ante isto?

Máis da metade da poboación galega vive en zonas de alto risco

Nada“, sentenza Juan Miguel Barros. Non hai nin sequera unha normativa galega para reducir as filtracións de radon nas casas e nos edificios públicos, e tampouco se está tomando ningunha medida, salvo contadas excepcións, nas novas construcións. “O mínimo sería incluír no código de edificación a obrigatoriedade de tomar medidas contra o gas nas zonas de alto risco, porque a solución básica é a nivel construtivo E non son actuacións caras. Pero nada. Agás pouca xente que coñece o problema e toma medidas por iniciativa propia, nada máis”.

Lembra o investigador que, hai anos, o Laboratorio de Radon de Galicia comezou a traballar coa Dirección Xeral de Industria para levar a cabo un plan de actuación que, non en tanto, leva xa bastante tempo paralizado, en tanto Comunidades como Andalucía e Castilla-La Mancha xa contan con sendos rexistros que a norma laboral establece para a inscrición de postos de traballo de risco e as súas correspondentes actuacións de medida e redución, no seu caso.

A nivel legal, alén das normativas europeas e estatais, a lexislación autonómica sobre vivenda e habitabilidade é inconcreta, cando non inexistente, no tocante ás medidas contra o radon. A Lei de Vivenda aprobada polo bipartito no ano 2009 contemplaba, no artigo 11, marcaba como principio de calidade para as edificacións “a obtención e o mantemento de ambientes saudables no interior do edificio, mediante a prevención das emisións nocivas, nomeadamente as de gas radon, e da contaminación do aire, e a protección contra o ruído, así como a adecuada ventilación dos espazos habitables”. Este punto, non en tanto, non aparece na lei redactada polo PP en 2012, que substituíu á anterior.

A situación é preocupante tamén no eido laboral, aínda que aquí si existe normativa. Non en tanto, lamentablemente, o seu cumprimento tampouco é exhaustivo. No 2001 publicouse un Real Decreto que regulaba a “protección sanitaria contra radiacións ionizantes“. O texto foi modificado en 2010, e posteriormente, no 2012, o Consejo de Seguridad Nuclear publicou unha instrución que ampliaba as recomendacións.

As solucións

Como solución ás filtracións, os investigadores recomendan a instalación de arquetas de succión, “sinxelas de instalar”, segundo explica Barros Dios. Introdúcense no subsolo, de onde sae un conduto que evacúa o gas nocivo ao exterior das vivendas, evitando así a súa concentración no interior das casas. Noutros casos, tamén pode funcionar o selado de fendas, recunchos, tubaxes, enchufes ou cámaras de aire, amais de medidas individualizadas dependendo das características de cada fogar.

Con todo, o investigador da USC alerta da picaresca que xa puido ver de primeira man nas obras dalgunhas vivendas. “Estanse producindo auténticos timos. Coa escusa do perigo que ten o gas, hai xente que está instalando varias arquetas de succión e gastando milleiros de euros que non é necesario gastar”. Por iso, Barros advirte de que o mellor xeito de detectar o risco real é unha medición con equipos calibrados e intercomparados periódicamente con outros laboratorios, e recibir asesoramento de expertos no tema.

 

5 COMENTÁRIOS

  1. Hola
    Lo primero que debe hacer es medir la concentración de radón en su casa, despues no se alarme si la concentración es alta en su casa….hay soluciones particularmente efectivas para tratar el radón, instalar un sistema de despresurización del suelo – SDS es una técnica muy efectiva. Trabajamos en Bretaña en Francia en un área donde también existen altas concentraciones de radón, mira nuestros resultados y tecnicas aqui :
    https://www.solutions-radon.fr/techniques-reduction
    https://www.solutions-radon.fr/realisations

  2. Ahí está, a presenza de granito nas casas non é o problemático, a cantidade de granito existente no subsolo galego da maioría de concellos é o problema. Deberíaselle dar a importancia que merece, pero os da Xunta deben pensar que é mellor deixalo pasar, a ver se os seguintes que veñan o fan mellor…
    Teño a sorte de pertencer á mariña central, onde a lousa é o constituinte primario do chan, pero de irme a vivir a outro lado estarei pendente dese mortífero gas nobre que nos asexa.
    Excelente artículo, Grazas.

  3. Sen despreciar unha medición, se os espazos habitables todos están ventilados o risco é mínimo. Dependerá da casa en cuestión. Unha ventilación suficiente son 10-15min de mañá. A hora para ventilar é importante, non son igual de eficaces ese 10min pola tarde q xusto Pola maná ao erguerse. De todos os xeitos tamén os acabados interiores de outro tipo: pinturas, PVC, etc.tamén influen negativamente na calidade do aire.

  4. Buenos dias,
    he leído en internet sobre el desprendimiento de Radón del granito y me ha dejado muy preocupada por que tengo una columna (tipo pilar) de granito, además de un arco sobre la puerta y una chimenea hecha con bloques de granito todo sin pulir, en la sala de estar; claro yo sabia algo y ventilo lo que puedo, tambien tengo otro arco en el baño y las escaleras que van a la segunda planta, que es muy difícil ventilar, aunque ahí no pasamos tanto tiempo. Ahora estoy muy preocupada pensando en si ventilo lo suficiente, … tengo 3 niños pequeños. ¿me puede ayudar ofreciendome información mas concreta de mi caso? me estoy empezando a obsesionar, mi familia dice que me tranquilice, tengo una hermana química y dice que con ventilar un poco al día es suficiente, y ¿cuanto?

    Gracias de antemano y reciba un saludo

    • Encarnación, yo creo que no debe obsesionarse, sobre todo por lo que dice que tiene en su casa. Yo vivo en una casa del siglo XIX totalmente construida en granito, incluso algunas paredes interiores y el suelo en algunas partes. El patio exterior también está pavimentado en granito y los muros del jardín, de una altura de más de dos metros. Colaboré en un estudio de la Universidad de Cantabria manteniendo durante un año un medidor en mi sala de estar y el resultado fué que no había un nivel preocupante de radón en la vivienda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os galegos, os máis expostos ao radon nos seus postos de traballo

Un equipo da USC estudou a presenza deste gas en 3.100 centros laborais en España. O 89% están radicados en Galicia

As mortes por cancro de pulmón en mulleres multiplicáronse por catro dende 1990

Un estudo galego revela que o número absoluto de mulleres falecidas por esta doenza atribuído ao tabaco multiplicouse por 40 desde 1990

O 70% da superficie de Galicia supera o máximo legal de radón para evitar efectos canceríxenos

O limiar permitido pola lexislación laboral está en 300 becquerelios por metro cúbico, segundo informaron nun simposio celebrado en Santiago

Alberto Ruano: “No que respecta ao radón, España incumpre a lexislación europea”

O primeiro simposio estatal de radón laboral celébrase este martes en Santiago co obxectivo de mellorar as condicións dos traballadores