Venres 29 Marzo 2024

O radon, un inimigo silencioso e mortal en Galicia

Unha importante parte dos solos sobre os que se asenta o territorio galego está composta por granito. A través dun proceso natural, o uranio presente nesta rocha descomponse e dá lugar ao gas radon, un gas radioactivo que é incoloro, inodoro e insípido. Desde o subsolo, este gas ascende á superficie e acábase diluíndo na atmosfera, sen maior incidencia. Porén, cando este gas se filtra desde o chan dos edificios e se acumula en espazos cerrados, pode haber un risco grave para a saúde.

A través do noso sistema respiratorio, o radon accede aos pulmóns. Alí descomponse e produce partículas alfa que se fixan ao tecido pulmonar e poden causar mutacións. No peor dos casos, desenvólvense tumores e, finalmente, cancro. Así e como a inhalación deste gas se converteu na segunda causa de morte por cancro de pulmón, só por debaixo do tabaco. Entre os non fumadores, é o principal factor de risco. Estímase que en Galicia morren máis de 300 persoas cada ano por cancros que poden ser atribuídos ao radon.

Publicidade

A concentración de gas radon comeza a ser perigosa a partir dos 200 becquerelios (Bq) por metro cúbico. A nova directiva europea, que entrará en vigor en 2018, establece que as concentracións superiores a 300 bq/m3 poden ser nocivas para a saúde, aínda que moitos expertos sinalan que é un límite excesivamente laxo. En 2009, a OMS reduciu o límite recomendable ata os 100 Bq/m3, e outros organismos, como Axencia de Protección Ambiental norteamericana considera 148 Bq/m3 como nivel de referencia.

O Laboratorio de Radon de Galicia realiza medicións nos edificios que o soliciten

Se os niveis de gas radon nunha determinada zona son superiores a 200 bq/m3 en máis do 10 por cento das medicións, esa zona é de alto risco. En Galicia, 30 das 53 comarcas, nas que reside máis da metade da poboación do país, están por riba dos 300 bq/m3. E ao baixar o límite aos  200 bq/m3, o alto risco estenderíase a 12 comarcas máis. Juan Miguel Barros, investigador da USC, autor do Mapa de Radon de Galicia e un dos maiores expertos sobre o tema, sinala que apenas se están tomando medidas: “O mínimo sería incluír no código de edificación a obrigatoriedade de tomar medidas contra o gas nas zonas de alto risco, porque a solución básica é a nivel construtivo”, sinala Barros.

A filtración de radon ás vivendas pode evitarse co peche das fendas polas que entra o gas e coa instalación dunha arqueta de succión, un sinxelo mecanismo que evacúa o radon cara o exterior. É común a crenza de que abonda con ventilar frecuentemente as vivendas, pero isto non é suficiente, xa que o gas deixa de acumularse, mais segue circulando. Para comprobar o nivel de radon nos edificios, pódese contactar co Laboratorio de Radon de Galicia, que realiza medicións que cumpren todos os estándares de calidade.

A nivel legal, alén das normativas europeas e estatais, a lexislación autonómica sobre vivenda e habitabilidade é inconcreta, cando non inexistente, no tocante ás medidas contra o radon. A Lei de Vivenda aprobada polo bipartito no ano 2009 contemplaba, no artigo 11, marcaba como principio de calidade para as edificacións “a obtención e o mantemento de ambientes saudables no interior do edificio, mediante a prevención das emisións nocivas, nomeadamente as de gas radon, e da contaminación do aire, e a protección contra o ruído, así como a adecuada ventilación dos espazos habitables”. Este punto, non en tanto, non aparece na lei redactada en 2012, que substituíu á anterior.

logo_MEIC_FECYT_Web

10 COMENTÁRIOS

  1. Para evitar os efectos nocivos de Radón é útil ventilar ven todas as estancias, a diario, durante un tempo prudencial. O problema é cando se concentra en recintos pechados, coma ben di o artigo.

  2. O problema está en incluso en lugares públicos, na universidade da coruña moitas facultades detectaron estos problemas este ano, e xa hai varios cancros de pulmón detectados sobre todo no profesorado. Como sempre, estas cousas fanse tarde, mal e arrastro.

  3. Ya que es tan peligroso ese gas ¿por qué no toman medidas para prevenir ?pues seguro que hay algún modo de combatir O al menos mitigar sus efectos y ayudar a las familias que tengan que hacer alguna medida de seguridad en sus viviendas están vidas en juego y no se puede decir que en Galicia sobré gente para dejarla olvidada. No todo el mundo puede costearse según que cosas tengan que hacer en sus viviendas Ya es hora de que se preocupen por algo más que no sean ellos mismos me refiero a los políticos Estoy indignada soy gallega no vivo en Galicia pero me paso grandes temporadas allí y justo en la provincia de Ourense pero es igual sea donde sea el problema hay que encontrar una salida

  4. Eu tamén querería saber o prezo dunha medición nunha vivenda. Non só me interesa persoalmente, é que considero que é un dato clave para a divulgación do problema cara aos cidadáns. Por que se agochan sempre nas noticias os prezos das cousas? Sobre todo cousas tan necesarias coma estas. Graciñas e saúdos.

  5. De verdad no has entendido por estar en Gallego? Yo no soy gallega y lo he entendido todo salvo un par de palabras q lo he buscado en el diccionario google. Me encanta oir el gallego cuando voy a galicia y es una pena que se este perdiendo. Un saludo des de Madrid

  6. Usé usted el traductor de páginas de Google, que para eso está. Esta web es para la difusión científica en galego, cresda por profesionales gallegos, esto es, iniciativa particular, no de la ONU y no tienen porqué escribirla en cualquier otro idioma. Sería estupendo que dejara a la gente expresarse en el idioma que les dé la gana en su espacio y si tanto le preocupa el tema, traduzca y haga por enterarse. No responsabilice a otros de su ignorancia.

  7. Por favor,porque no lo escriben también en español. .?
    Seria estupendo que todos puedan entenderlo.
    Siento no conocer su idioma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.