Xoves 25 Abril 2024

Os pequenos científicos de San Martiño desbotan falsos mitos

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio pontevedrés San Martiño queren dar resposta ás inquedanzas que acotío os rodean. E o mellor momento para facelo é a feira da ciencia Pontenciencia, organizada polo Concello de Pontevedra coa colaboración da Uvigo e a FECYT.

Esta oportunidade achega aos alumnos “motivación”, conta o seu profesor de Ciencias Naturais, Diego Fariña, xa que “están acostumados a que se lles conten as cousas e aquí eles poden poñer en práctica o aprendido e constrúen así a súa propia aprendizaxe”.

Publicidade

Os alumnos de centraron os seus proxectos no corpo humano. Por un lado, desenvolveron “Soprarei e soprarei” no que miden a capacidade pulmonar, neste caso dos nenos do colexio, e os factores que inflúen en que aumente ou diminúa. Por outra banda, elaboraron “Con moito tacto” para descubrir cales son as zonas da pel que teñen máis sensibilidade á presión, sendo finalmente as xemas dos dedos.

Pola súa parte, os alumnos de de Primaria quixeron comprobar se o zume de laranxa é o que ten máis vitamina C e se ás 24 horas esta desaparece. Para averigualo, deseñaron o experimento “Fábricas de vitamina C”, no que comprobaron que estas hipóteses eran falsas e que a fresa e o kiwi son os que máis teñen este compoñente. Para rematar, o proxecto “A auga: é condutora ou illante?” quería responder a esta pregunta con auga destilada, da billa, azucrada e salgada, concluíndo que as tres primeiras non son condutoras. Só conduce a electricidade a auga con sal. Aínda que a auga do no so corpo ou a da traída levan sales minerais que poden transportar a enerxía eléctrica.

Os alumnos aprenden a traballar en equipo e a respectar as decisións dos seus compañeiros. “Eles pídenme constantemente máis retos porque é realmente onde se involucran”, conclúe Fariña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos