Foto de familia dos premiados en Pontenciencia 2018.
Foto de familia dos premiados en Pontenciencia 2018.

O IES A Xunqueira II copa os premios de Pontenciencia 2018

Todas as persoas que puxeron o seu gran de area para que Pontenciencia saíra adiante un ano máis poden considerarse gañadores. Mais tamén é certo que este sábado había que entregar os premios, e non todos podían gañar. A quinta edición da feira de miniciencia de Pontevedra clausurouse coa entrega de premios, na que o IES A Xunqueira II acadou tres dos catro galardóns que se convocaban este ano na categoría de “Mozos investigadores“, a través da cal tomaban parte por primeira vez os estudantes de Secundaria. Na outra categoría, venceu o IES Sánchez Cantón. Pola súa banda, en “Ciencia no Cole“, o CEIP San Martiño revalidou o triunfo, mentres que os Budiño Rodríguez acadaron a vitoria no premio de “Ciencia en Familia“.

O acto de entrega de premios foi unha gran festa no auditorio da Escola de Enxeñaría Forestal, repleto de estudantes, profesores e familias. Alí estiveron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Educación, Carme Fouces, o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, e o representante da Federación de Asociación de Nais e Pais de Pontevedra, Miguel Ángel Sánchez. O certame contou, un ano máis, co apoio do Concello de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt).

Lista de premiados

Mozos investigadores

– Premio de investigación ‘Cristalería Pontevedresa’:

Alberto Omil Fontán, Guillermo Fernández Renda e Sandra Serén López do IES A Xunqueira II, pola súa investigación: “Pontev3DRAMusical”.

– Premio de investigación ‘Hifas da Terra’:

Nuria Sueiro Martínez, Sandra García Pérez e Sara van Dinter Beloso, do IES Sánchez Cantón pola súa investigación: “Farolas solares”.

– Premio de investigación ‘SETGA’:

Diego Méndez Villar, Alba Adabella López Vercher e Álvaro Calvo Lesende, do IES A Xunqueira II, pola súa investigación “Play MusicApp”.

– Premio de investigación ‘Orballo’: 

Zoe Seoane García, Antía Fernández Area e Eva Sieiro Trabazo, do IES A Xunqueira, pola súa investigación “Ruído vs música”.

Ciencia no cole

– 1º premio ‘Marie Curie’:

CEIP San Martiño, “Por que voan os avións?”.

– 2º Premio ‘Maruja Mallo:

CPR Sagrado Corazón de Jesús, “Froita batida ou froita sólida?”.

– 3º premio ‘Ángeles Alvariño’.

CEIP Marcón, “Mulleres embarazadas”.

– Accésits:

– ‘Concepción Arenal’: CEE Pontevedra, “Tratamento de manchas de maneira artificial ou natural (remedios caseiros) en diferentes tecidos”.

– ‘María Barbeito’: CEIP Ponte Sampaio, “Os irmáns Nodal, heroes da navegación”.

– ‘Olimpia Valencia’: CPR San José, “Discriminación na publicidade”.

– ‘Xosefa Iglesias’: CEIP Santo André de Xeve, “Somos resineiros”.

– ‘Daría González’: Sagrado Corazón de Placeres, “A temperatura da auga”.

– ‘Antonia Ferrín’: CEIP San Benito de Lérez, “Compostaxe na escola”.

– ‘Celia Brañas’: CEIP Froebel, “A descomposición das follas”.

Ciencia en familia

– 1º premio ‘Marie Curie’:

 Familia Budiño Rodríguez, “Proporción ou non proporción, esa é a cuestión”.

– 2º Premio ‘Maruja Mallo: 

Familia Pintos Castiñeiras, “A lei de estabilidade das frecuencias e outras curiosidades matemáticas”.

– 3º premio ‘Ángeles Alvariño’:

 Familia Rial Vidal, “Pendentes”.

– Accésits: 

– ‘Concepción Arenal’: Familias Cancela Otero e Otero González, “Bioinvestigación”.

– ‘María Barbeito’:  ANPA Bolboreta, “Electricidade no noso entorno”.

– ‘Olimpia Valencia’: Familias Otero González e Rodrigo González, “Universo Bio”.

– ‘Xosefa Iglesias’: Familia Baquero Pazos, “Os secretos dos edificios, por qué non caen?”.

– ‘Francisca Herrera’: Familia Ruíz Díaz, “¿Cuántos colores hay en los colores?”.

– ‘Daría González’: Familia Balboa Touza, “Como afectan distintas bebidas a la cascara de huevo”.

– ‘Antonia Ferrín’: Familia Prado Barros, “Análise das fotografías na prensa escrita como un medio para identificar as valoracións de xénero da sociedade.”

– ‘Celia Brañas’: Familia Rivas Otero, “El crecimiento de las lentejas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.