Foto de familia dos participantes en Pontenciencia.

Premios para despedir unha gran edición de Pontenciencia

O CEIP San Martiño, o IES A Xunqueira e as familias Otero-González Fontán e Rodríguez-Guerra Fontán acadaron os máximos galardóns

Unha edición histórica de Pontenciencia pechouse coa entrega de premios e batendo todos os rexistros previos de participación de escolares e familias nesta feira da miniciencia que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT).

As familias Otero González, Fontán Rodríguez e Guerra Fontán, premiadas en Ciencia en Familia.

Un total de 47 proxectos de investigación concorreron ao certame, amosando o talento científico que se desenvolve las aulas de Primaria e Secundaria, xunto ao espirito investigador das familias que converteron os seus fogares en laboratorios.

En Primaria, os tres primeiros premios foron, por esta orde, para A tensión superficial nos líquidos, do CEIP San Martiño; As sementes bailarinas, do CPR Sagrado Corazón; e Calores e cores, do CPR Salvador Moreno.

O CEIP San Martiño foi o gañador en Ciencia no Cole.

En Secundaria foron recoñecidos Comunica-TEX e Burbullas platónicas, do IES A Xunqueira II, xunto a investigacións do Luís Seoane (Prototipo Muro de Trombe) e do Sagrado Corazón (Que flota máis?).

O IES A Xunqueira gañou o primeiro premio en educación secundaria.

En canto aos premios Ciencia en Familia, gañou Valerosas, das familias Otero-González Fontán e Rodríguez-Guerra Fontán. As familias Mayo Gago e Portela Ferreirós levaron o segundo e terceiro premio da súa categoría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.