Medio milleiro de asistentes reúnense en Pontenciencia 2018
Medio milleiro de asistentes reúnense en Pontenciencia 2018

Pontenciencia 2018: onde se reúnen os futuros científicos

O mes de xuño comezará con forza. O venres 1 e o sábado 2 de xuño a ciencia volverá ser protagonista en Galicia. Que está a organizar o Concello de Pontevedra? A quinta edición de Pontenciencia, a Feira a Miniciencia que se celebra no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Alí, medio milleiro de estudantes e profesores exporán os seus proxectos científicos. Este ano presenta como principais novidades a participación de escolares da ESO e a incorporación de empresas punteiras en I+D+I. Todos os asistentes espertarán o seu espírito crítico con actividades diversas. Aprenderán, entre outras cousas, o funcionamento dun telescopio ou a extraer ADN.

En Pontenciencia 2017, os alumnos do colexio San Martiño ultimaban os detalles do seu proxecto
En Pontenciencia 2017, os alumnos do colexio San Martiño ultimaban os detalles do seu proxecto

O certame, patrocinado pola FECYT, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía e o Ministerio de Economía e Competitividade terá lugar na Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra. Contará con tres espazos. No espazo expositivo converxerán unha chea de proxectos de escolares e investigadores. A temática dos traballos será libre ou froito das propostas dun comité científico universitario. Tamén se poderá desfrutar dun espazo de proxección audiovisual, que comprenderá unha serie de materiais interesantes sobre o mundo da investigación. Mais sen dúbida, un dos espazos máis dinámicos será o interactivo, cunha morea de actividades divertidas pensadas para todas as idades.

Nesta edición de Pontenciencia atoparanse proxectos de todo tipo. Sobre todo coa ampliación de espazos e de horarios.  A facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación súmase así a esta iniciativa. Os alumnos poderán participar cos seus proxectos baixo mediante dúas modalidades de investigación: Ciencia no Cole e Ciencia en Familia. Profesores e familiares xogarán un papel fundamental. Axudarán aos escolares a desenvolver o seu interese polo método científico e incentivarán a súa curiosidade.

500 alumnos, 12 centros educativos, 29 proxectos de investigación e 18 traballos de 15 familias

Os números aumentan no presente ano. Máis de 500 alumnos participantes de 12 centros educativos, 29 proxectos de investigación e 18 traballos de 15 familias. Estímase que este evento supere os datos de asistencia do pasado ano. Ademais, por se fora pouco, a estas cifras sumaranse, por primeira vez, proxectos I+D+I de catro empresas galegas. Orballo, Setga, Hifas da Terra e Cristalería Pontevedresa debutarán en Pontenciencia 2018. Así, acadarase un maior protagonismo das empresas do entorno que desenvolven procesos de investigación, desenvolvemento e innovación.

Pero sen dúbida, unha das cousas máis atractivas de Pontenciencia é o seu programa de actividades de diversa índole. Os asistentes poderán aprender así unha manchea de aspectos interesantes sobre a ciencia.

Os alumnos do colexio San Martiño, co seu profesor Diego Fariña, reciben o premio da concelleira Carmen Fouces.
Os alumnos do colexio San Martiño, co seu profesor Diego Fariña.

Profesores, pais e alumnos adquirirán competencias en astronomía, arqueoloxía, música ou botánica, entre outras. Tamén destaca o papel social que xoga o certame coa inclusión de actividades en prol da igualdade. Unha delas é a Exposición e Xogo das Mulleres Faro, onde os visitantes coñecerán a dez mulleres pioneiras en cultura e ciencia galega.

Na edición pasada, o colexio San Martiño gañou Pontenciencia na categoría escolar. Quen gañará este ano? Todo apunta a que estas serán unhas xornadas moi enriquecedoras para todos os visitantes, como aconteceu en 2016 e en 2017Pontenciencia 2018 satisfará todas as expectativas e favorecerá o desenvolvemento dos rapaces -e non tan rapaces- como científicos.

Programa 2018

Venres 1 de xuño de 2018 Ciencia no cole. 09:45 h- 13:50 h

Exposición ao xurado dos proxectos “Ciencia no cole”.

10.05- 11.20 h. Escola de Enxeñería Forestal Andar 0, 1 e 2

Exposición e Xogo das Mulleres Faro.

11.00/ 11.55/ 12.25 h. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Rumbo ás Illas.

11.55/ 12.25h Escola de Enxeñería Forestal

Actividade impartida polas guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Como funciona un telescopio

10.05/ 11.55/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal

FC3 (Fundacion Ceo, Ciencia e Cultura) e Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo.

Ciencia musical

10.05/ 11.55/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal

Arqueoloxía dos sentidos

10.05/ 11.55/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal

Ciencia na cociña

10.05/ 11.00/ 12.55. Laboratorio de Edafoloxía da Escola de Enxeñería Forestal

As plantas tamén sofren

10. 05/ 11.00/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal

Mulleres científicas

10.05/ 11.00/ 12.55. Salón de actos. Andar -1 Escola de Enxeñería Forestal

Circuitos científicos

10. 05/ 11.00/ 12.55. Andar 2 Escola de Enxeñería Forestal

Como protexer as túas plantas

10.05/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal

De la Sota

10.05/ 11.00/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal

Detectives das fotografías

10.05/ 11.00/ 11.55/ 12.25 Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Ciencia visión

11.00/ 11.55/ 12.25 Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal

Visita aos proxectos

11.25/ 11.50/ 12.10/ 12.25/ 12.40

Venres 1 de xuño de 2018 Educación Secundaria. 16.30 h- 19:30 h

Exposición proxectos Premios de investigación 2018

16.30- 18-30 h. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Como funciona un telescopio

16.30/ 17.30/ 18.30 h. Escola de Enxeñería Forestal

Experimentos sonoros con electromagnetismo

17 h Escola de Enxeñería Forestal

Como protexer as túas plantas

16.45/ 17.45 Escola de Enxeñería Forestal

Exposición e Xogo das Mulleres Faro.

Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Detectives das fotografías

Horario continuado. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Ciencia visión

Horario continuado. Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal

Visita stands Ciencia no cole. Horario continuado. Escola de Enxeñería Forestal

Visita stands Premios de investigación 2018. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Sábado 2 de xuño de 2018 Ciencia no cole. 10.00 h- 13:50 h

Exposición ao xurado dos proxectos “Ciencia en familia”.

10.00- 11.15 h. Escola de Enxeñería Forestal Andar -1

Música electrónica con materiais cotiás

10.00/ 11.30 Escola de Enxeñería Forestal

Como extraer ADN

10.15/ 10.40/ 11.10/ 12.05 Escola de Enxeñería Forestal

Pensamento sustentable

12h. Escola de Enxeñería Forestal

Como funciona un telescopio

10.00/ 11.00/ 12.00 h. Escola de Enxeñería Forestal

Ciencia na cociña

10.00/ 11.00/ 12.00. Laboratorio de Edafoloxía da Escola de Enxeñería Forestal

As plantas tamén sofren

10. 30/ 11.30/ 12.30. Escola de Enxeñería Forestal

Visita stands Ciencia no cole. Horario continuado. Escola de Enxeñería Forestal

Visita stands Ciencia en familia. 11.30h. Escola de Enxeñería Forestal

Visita stands Premios de investigación 2018. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Exposición e Xogo das Mulleres Faro. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Detectives das fotografías. Horario continuado. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Ciencia visión. Horario continuado. Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal

Conferencia: Que sabemos sobre os lumes forestais de Galicia?

Impartida por D. Serafín González Prieto, Doutor en Bioloxía pola Universidad de Santiago de Compostela, Científico del CSIC desde 1994 e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

12.30 h Salón de actos Escola de Enxeñería Forestal.

Entrega de premios

13.30 h Andar -1 Salón de actos Escola de Enxeñería Forestal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.