Os alumnos dos centros pontevedreses amosarán en público os seus traballos.
Os alumnos dos centros pontevedreses amosarán en público os seus traballos.

Pontenciencia, a ilusión da investigación feita na escola

A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra converterase nun gran laboratorio cheo de ilusión na primeira fin de semana de xuño. Os corredores do edificio acollerán a cuarta edición de Pontenciencia, a feira de proxectos de investigación escolar, na que participarán os estudantes dos centros de ensino do concello.

Pontenciencia consta de dúas modalidades de participación. Por unha banda, ‘Ciencia no cole’, na que os estudantes presentarán proxectos desenvolvidos nos centros educativos; e por outro lado, ‘Ciencia en Familia’, que consistirá en investigacións realizadas no eido familiar. Outorgarase un premio aos proxectos vencedores de cada unha das categorías. O xurado valorará a orixinalidade do proxecto, a metodoloxía, a presentación de resultados e a exposición que se realice na feira.

Os estudantes competirán en dúas categorías: ‘Ciencia no cole’ e ‘Ciencia en Familia’

Ao longo dos últimos meses, os nenos e nenas de Pontevedra presentaron as súas propostas á organización. Un recoñecido comité científico, formado por investigadores, docentes e alumnos en diversos eidos da Universidade de Vigo, asesorounos no desenvolvemento das súas ideas e seleccionou os proxectos máis salientables.

A feira constará de tres espazos diferenciados. Unha zona de exposicións, cos proxectos dos participantes no certame e da comunidade universitaria; un espazo de proxección audiovisual, con contidos relacionados co mundo da investigación e a ciencia; e un espazo interactivo, con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira.

Amais dos centros educativos pontevedreses e a Universidade de Vigo, participan na organización de Pontenciencia a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra, o CIFP Carlos Oroza e a Misión Biolóxica de Galicia do CSIC. Patrocinan o evento o Concello de Pontevedra, a Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt) e o Ministerio de Economía e Competitividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.