Foto da familia Budiño Rodríguez, coas súas mostras de area recollidas en 24 praias.

Os Budiño Rodríguez buscan a area de praia que menos se pega aos pés

A familia Budiño Rodríguez tiña unha dúbida que só se podía respostar coa ciencia: Que area da praia se pega máis aos pés? É unha cuestión que pode parecer menor, pero que ten máis aristas do que parece. O tamaño dos grans, a composición mineral da area, a súa textura… Así que esta familia científica trazou un proxecto investigador e saíu visitar 26 praias de Galicia para tomar mostras. Os seus resultados serán presentados no evento científico Pontenciencia, que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da FECYT. ‘Cos pés na area’ é o título do traballo.

-En que consiste o proxecto?

-Consiste en averiguar por qué as areas dalgunhas praias se pegan á pel máis que outras, para o que tomamos como mostra areas para analizar de 26 praias da ría de Pontevedra. Tamén establecemos un ránking e atopamos a praia onde máis se pega e a que menos.

-Que lles motivou a participar?

-Motivounos as ganas de saber dos nosos fillos e esta modalidade de ciencia en familia pareceunos moi interesante.

-Quen é o máis científico/a da familia?

-A nai.

-Que valores educativos cren que Pontenciencia achega aos cidadáns en xeral e as familias en particular?

-Familiarizarnos coa ciencia, está por todas partes e sen embargo as veces tense a percepción de que é algo que está moi lonxe.

-Cren que o interese pola ciencia está a medrar na nosa sociedade? Ven importante que estes temas esperten interese cidadán?

-Pensamos que o interese medra pero de forma puntual; hai xente e familias ás que si lles gusta meterse no tema, pero a unha boa parte da sociedade custalle moito tal vez por pensar que é difícil. Parécenos vital que haxa unha cultura científica para comprender o mundo no que vivimos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.