O venres 1 e o sábado 2 o CSIC sumarase a Pontenciencia cun obradoiro sobre as plantas
O venres 1 e o sábado 2 o CSIC sumarase a Pontenciencia cun obradoiro sobre as plantas

O CSIC súmase tamén ás actividades de Pontenciencia 2018

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participa en Pontenciencia por terceiro ano consecutivo. A súa presenza materialízase nun obradoiro e nunha exposición. O obradoiro “As plantas tamén sofren” é unha iniciativa da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), co apoio da Unidade da Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia. A exposición enmarcarase nas liñas de investigación da MBG: a mellora xenética das especies cultivadas como ferramenta para reducir os tratamentos fronte ás plantas.

A actividade terá lugar o venres 1 e o sábado 2 de xuño de 10.00 a 13.30 horas na Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra no Campus da Xunqueira. Ademais, estará guiado por Ana Cao, Pilar Gago, Ana López e Carla Vázquez, do persoal da MBG. O primeiro día desenvolverase para o alumnado de quinto e sexto de primaria dos CEIP Xeve y Ponte Sampaio, do CEE Pontevedra e do CPS San José e SC Placeres. Estímase que serán máis de oitenta alumnos. O sábado será de asistencia libre e, polo tanto, dirixirase ao público xeral.

Empregarase a lupa binocucular para afondar sobre as bolboretas, as couzas e os escaravellos

Este taller de 50 minutos achegará aos participantes ao ciclo da vida dos insectos a través da observación de organismos vivos. Para isto, empregarase a lupa binocucular para afondar acerca das bolboretas e as couzas (Lebidópteros), ademais dos escaravellos (Coleópteros).

Unha oportunidade para o CSIC

Segundo sinala o CSIC, Pontenciencia 2018 é en Galicia unha oportunidade para dar a coñecer as liñas de traballo da MBG, o seu centro en Pontevedra. Estas actividades amosarán as investigacións sobre cultivos que se desenvolven no centro de Salcedo e que, ademais, tratan aspectos moi achegados a cidadanía. O millo, o viño, os grelos, as legumes e, no ámbito forestal, os pinos.

O CSIC leva participando en Pontenciencia dende o ano 2016 formando parte dos Comités Científicos deste certame e dos xurados dos proxectos presentados. Por outra banda, dispón dun posto con información acerca da actividade do CSIC e da MBG. Alí, poderase acceder a publicacións informativas e sementes de diferentes cultivos e plantas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.