Venres 29 Marzo 2024

Vintecatro nenos e nenas galegas conclúen o certame de talentos matemáticos Estalmat

As oito nenas e 16 nenos que, procedentes de toda Galicia, participaron este ano  en ESTALMAT PI, un programa anual dirixido a quen rematou os dous primeiros cursos da iniciativa de estímulo do talento matemático ESTALMAT-Galicia, celebran este sábado 18 o seu acto de despedida na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

Seleccionados polas súas aptitudes matemáticas avanzadas, os e as integrantes da promoción de Estalmat PI asistiron durante doce sesións ás actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento logo de xa ter participado nos dous cursos do programa Estalmat. Os encontros tiveron lugar nas mañás dos sábados na Facultade de Matemáticas e eran titorizados por un equipo de máis de 45 docentes de recoñecida competencia e especialmente formados para este cometido.

Publicidade

O adeus da promoción de ESTALMAT PI, que serve ademais como clausura do curso 2016-17, estará presidido polo reitor e presidente de Estalmat-Galicia, Juan Viaño, que ás 10.30 horas pronunciará xunto coa coordinadora xeral de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón, a conferencia ‘As matemáticas como profesión hoxe’. Entre outras cousas, no relatorio achegarán breves biografías de mulleres referentes nas matemáticas, aproveitando que o 11 de febreiro se celebraba o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Xa sobre as 12.00 horas terá lugar o acto de despedida dos 24 participantes, que estarán acompañados das súas familias, e no que ademais do reitor e de Vázquez Cendón participarán a coordinadora académica e secretaria de Estalmat-Galicia, Marina Germiñás Miguens; Enrique de la Torre Fernández en representación de AGAPEMA; e a presidenta de SGAPEIO, Esther López Vizcaíno.  Estas dúas entidades, colaboradoras do proxecto, entregarán como agasallos aos estudantes libros publicados por ditas asociacións galegas.

Décimo aniversario
ESTALMAT-Galicia realizará este ano unha serie de encontros con todo o equipo docente, técnico e egresados e egresadas con motivo das xa súas dez edicións. O proxecto está avalado cientificamente pola Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e o CSIC e conta con financiamento das Deputacións da Coruña e Lugo, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s