María Veiga propuxo novidosos métodos de cálculo para a construción de muros con rochas de granito. Foto: Duvi.

María Veiga propuxo novidosos métodos de cálculo para a construción de muros con rochas de granito. Foto: Duvi.

Unha investigadora viguesa, premiada pola Sociedade Española de Mecánica de Rochas

María Veiga defendeu na súa tese o deseño de muros de contención con perpiaño de granito que son tradicionais de Galicia

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas acaba de entregar os seus premios anuais e, entre eles, distinguiu cunha mención honorífica ao mellor traballo de investigación de investigadores novos a tese de doutoramento Deseño de muros tradicionais de contención de granito en seco realizada pola investigadora María Veiga e dirixida polo profesor Leandro Alejano, do grupo de investigación Explotación de Minas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

“Para min recibir esta mención é unha satisfacción grande, pois valora un traballo ao que lle dediquei varios anos, ademais, se ese recoñecemento vén dunha entidade de ámbito nacional e do prestixio da SEMR, aínda máis”, explica a investigadora, quen, tras traballar na empresa privada, acaba de rematar o Máster en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, xa que “no futuro me gustaría dedicarme profesionalmente ao mundo da docencia”.

Exemplo de mellor integración paisaxística de un muro de perpiaño de un de formigón. Foto: Duvi.

Exemplo de mellor integración paisaxística de un muro de perpiaño de un de formigón. Foto: Duvi.

No traballo premiado pola SEMR Veiga presenta diferentes métodos de cálculo, ata o momento inexistentes, para o deseño de muros de contención con perpiaño de granito seguindo o sistema de construción tradicional de Galicia, “algo moi útil e moi entroncado coa tradición galega”, recalca a autora. A maiores, na súa investigación a investigadora tamén analiza como o impacto visual deste tipo de construcións é moito máis baixo ca os realizados en formigón ou outros materiais, “polo que a integración paisaxística dos mesmos é excelente, o que implica  que as empresas construtoras deberían optar sempre que fose posible por este tipo de solucións”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.