Cartel dos premios Deseña.

Cartel dos premios Deseña.

Viaqua e Fundación Aquae convocan os IV premios Deseña

O certame, centrado na sostibilidade, recoñece os mellores deseños que plasmen o lema 'Coida a auga. Imaxina o mundo que queres'

A Fundación Aquae e a empresa Viaqua acaban de abrir a convocatoria da cuarta edición dos premios Deseña, un certame que ten por obxectivo recoñecer o talento creativo das persoas que mellor saiban plasmar o lema ‘Coida a auga. Imaxina o mundo que queres’.

O premio, dirixido a persoas creativas, ilustradores e deseñadores de calquera parte do planeta, consta dun primeiro premio, valorado en 1.000 euros, e un accésit de 500 euros. O prazo de inscrición finaliza o 7 de setembro.

Os premios Deseña

Os Premios Deseña naceron en 2015 con dobre vocación: por unha banda, concienciar sobre a urxencia de coidar do noso planeta; e por outra, recoñecer o traballo das mentes creativas que saben como transformar as ideas en imaxes.

En todo o mundo, uns 2.100 millóns de persoas (3 de cada 10 habitantes do planeta) carecen de acceso a auga potable e dispoñible no fogar e 4.500 millóns de persoas (6 de cada 10) non dispoñen dun saneamento seguro, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF. Mentres que en países como España se consumen unha media de 132 litros diarios por habitante, máis de 3,4 millóns de persoas morren cada ano por enfermidades relacionadas con auga en malas condicións, como o cólera, o paludismo, a disentería ou enfermidades diarreicas.

“Por iso, é clave concienciar a todos os actores para que entendan que garantir o dereito á auga de forma sustentable -Meta 6 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable para 2030– supón unha implicación por parte de todos no seu coidado, directa ou indirectamente», destaca Ana Belén Carmona, responsable de Participación de Fundación Aquae.

O xurado valorará a orixinalidade, a autenticidade e, sobre todo, o compromiso co desenvolvemento sustentable e o progreso das persoas. O gañador dos Premios Deseña 2017 foi o ecuatoriano Jesús Suárez polo seu cartel ‘As grandes ideas’, mentres que o accésit recaeu en mans de María Rodríguez Cobo por ‘Na miña cabeza’. O ano pasado a temática do concurso foi ‘A Revolución das Ideas: visible Invisible’ e os deseños tiñan que expresar como a ciencia e as novas tecnoloxías contribúen a xerar cambios beneficiosos para a sociedade.

Máis información sobre os premios Deseña nesta ligazón.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.