Santiago acolle o ESGI, un encontro europeo de solucións en matemática industrial

Co obxectivo de atopar solucións concretas baseadas en propostas matemáticas a cuestións reais de empresas, o próximo luns 19 comezará na Facultade de Matemáticas da USC a 122 European Study Group with Industry (122 ESGI). Esta é unha iniciativa que se realiza en diversas sedes europeas dende 1968 poñendo en contacto un grupo de investigadores con empresas para resolver mediante técnicas matemáticas as problemas e necesidades que lle formulen.

No encontro a celebrar a vindeira semana entre o luns 19 e o venres 23, tratarase de achegar solucións baseadas en  modelización, estatística e bigdata a tres corporacións españolas e un centro de investigación europeo. A experiencia de encontros pasados apunta a que “o 100% das industrias que participaron en congresos anteriores tiveron éxito, explica a profesora Peregrina Quintela, directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Tan bos resultados, relaciónaos a docente coa “excelencia do evento”, pois baixo as siglas ESGI só poden celebrarase encontros que acrediten un equipo investigador de alto nivel.

Publicidade

Tras cinco días de traballo individualizado e a porta pechada entre empresas e investigadores/as, cada un dos catro participantes recibirá un informe coas conclusión alcanzadas. “ Non significa que todos salgan coa solución definitiva baixo o brazo, pero si cunha proposta de acción concreta baseada en técnicas matemáticas”, explica a profesora Quintela. Ademais, quen estea interesado en continuar co equipo matemático, axúdaselle tamén a elaborar propostas para obter co financiamento de convocatorias de I+D+i.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE