Venres 19 Abril 2024

O CiTIUS de Santiago abre as súas portas co evento ‘Inside the Lab III’

As portas do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) volverán abrise á industria, empresas e institucións durante a terceira edición de Inside the Lab, o encontro de presentación de tecnoloxía de maior entidade de cantos se celebran ao longo do ano neste centro. Esta xornada celebrarase a vindeira semana o venres 14 de xullo.

Creado co gallo de facilitar o proceso de transferencia dalgunhas das solucións de alta calidade desenvolvidas nos seus laboratorios, Inside the Lab regresa cada mes de xullo ao CiTIUS para pór en valor as distintas aplicacións destas tecnoloxías en múltiples eidos da actividade industrial. Como xa acontecera nas dúas edicións previas, os visitantes poderán acceder a calquera dos once puntos informativos repartidos por todo o edificio en horario libre entre as 10.00 e as 14.00 horas, onde o persoal investigador do centro explicar persoalmente as aplicacións máis significativas dos seus sistemas.

Publicidade

Vocación de transferencia
Se o pasado mes de febreiro era a xornada monográfica UAVlab a que, cun formato semellante, atraía a atención de empresas e institucións coa presentación de tecnoloxías aplicadas a vehículos aéreos non tripulados (UAVs), nesta ocasión os sistemas presentados contan con aplicación en diversas áreas, tales como a captación de enerxía do ambiente para alimentar sistemas médicos bioimplantables, algoritmos para a detección precoz de persoas en risco de padecer depresión ou solucións baseadas na técnica LIDAR para a detección e identificación de edificacións-entre moitas outras–. Unha ampla gama de resultados transferibles en múltiples ámbitos, escollidos minuciosamente co obxectivo de cubrir distintas necesidades do sector industrial e da sociedade.

O encontro contará, ademais, coa presenza de dúas das spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade no desenvolvemento de tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores, e Imagames, empresa orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversas contornas, como a formación de empregados e estudantes ou o marketing dixital.

A participación nesta xornada é gratuíta e tan só require inscrición previa a través da web do evento, ata o xoves 13 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:35

É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?

O frenesí dos últimos anos leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

Ana Kiro ‘revive’ para representar a Galicia na Eurovisión da intelixencia artificial

Un grupo multidisciplinar presenta a delegación galega do festival, que terá lugar o 4 de novembro na Coruña

A galega Andrea Cascallar recibe o premio á mellor tese de Europa

A experta en intelixencia artificial realizou o seu doutoramento na USC e é a primeira muller nada en España en recibir o galardón