Martes 19 Marzo 2024

GCiencia aborda o aniversario da Covid-19 cun podcast e unha serie de reportaxes

O portal recollerá a opinión de persoas expertas e percorrerá o escenario pasado, presente e futuro neste desafío científico sen precedentes

As claves do novo virus nado en China que preocupa a OMS“. O 21 de xaneiro de 2020, tres semanas despois de que as autoridades chinesas informasen dun agrupamento de casos de pneumonía de orixe descoñecida na cidade de Wuhan, GCiencia publicaba a primeira información sobre “unha misteriosa enfermidade similar ao SARS“, que causara xa varios casos graves e mesmo unha morte. Foi a primeira de máis de 750 informacións publicadas durante este ano sobre a pandemia, que mudou as vidas de boa parte dos habitantes do planeta, infectou polo menos a 117 millóns de seres humanos e causoulles a morte, como pouco, a 2,6 millóns deles. Por tanto, multiplicou por tres as mortes que causa a malaria (máis de 800000) e por catro os óbitos que produce a gripe (arredor de 650000) cada ano.

Neste tempo, a través do seguimento das informacións das autoridades e as decenas de entrevistas a persoas expertas, GCiencia recolleu o que estaba acontecendo na emerxencia sanitaria que, ao mesmo tempo, foi un reto científico sen precedentes. Menos dun ano despois de que se dese conta do brote na China, unha muller que vive nun centro residencial de Santiago de Compostela, Nieves Cabo, convertíase na primeira galega en recibir a vacina contra a Covid-19.

Publicidade

Compilando todo este traballo, e valéndose da achega das persoas que, desde as súas respectivas disciplinas, colaboraron na superación da crise desde Galicia, GCiencia publicará durante esta semana unha serie de reportaxes sobre o pasado, presente e futuro da pandemia. E este sábado 13, coincidindo coa declaración de emerxencia sanitaria en Galicia e o anuncio da implantación do estado de alarma en España, o portal estrearase no podcast cun episodio no que participarán, entre outros, persoas como África González (catedrática de Inmunoloxía da UVigo), María José Pereira (xefa de servizo de Medicina Preventiva do CHUAC e membro do comité clínico que asesora á Xunta), Juan Gestal (profesor emérito da USC e experto en Saúde Pública), Mariano Esteban (virólogo do CSIC que traballa no desenvolvemento dunha vacina contra a Covid-19), José Gómez Rial (inmunólogo do CHUS de Santiago), Sonia Villapol (neurocientífica que está a estudar os efectos a longo prazo da Covid-19), José Antonio Taboada (xefe do servizo de enfermidades transmisibles da Consellería de Sanidade e membro do grupo de traballo da estratexia de vacinación do Ministerio de Sanidad) ou Santiago Lago Peñas (catedrático de Economía da UVigo, director do Foro Económico de Galicia e membro do comité de expertos para a recuperación económica da Xunta de Galicia).

A través desta ligazón poderás acceder a toda a información sobre o aniversario da pandemia:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:50

Teñen os mosquitos as súas cores de predilección?  

Ir vestidos de negro nun día de calor pode aumentar as probabilidades de que nos pique un mosquito, pero será o noso olor corporal o que determine a nosa condición de vítima
00:04:54

É o limón o remedio contra todos os males?

O froito do limoeiro forma parte da nosa dieta e da nosa farmacia doméstica desde hai séculos, pero o avance da ciencia négalle hoxe os seus poderes de superalimento

Pódcast | O CIM desenvolve sistemas de alerta para evitar a mortalidade do marisco

Falamos co investigador José González Cao, quen busca poder previr a diminución de salinidade das augas debido ás fortes chuvias

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas