“¡Y yo con estos pelos!”

A folla de vide retratada por Susana Boso para InvestigArte.
A folla de vide retratada por Susana Boso para InvestigArte.

Un dos aspectos máis importantes á hora de diferenciar e describir as variedades de vide (ampelografía), é a presenza de pelos nas follas, así como o tipo destes.

Algunhas variedades presentan unicamente os denominados pelos ergueitos (forma de pequenas espiñas), outras só tombados (con forma de febras de fío) e outras ambos os dous tipos de pelos á vez.

Na fotografía móstrase unha imaxe realizada a microscopio electrónico de varrido, dunha antiga variedade cultivada en Galicia e practicamente descoñecida, o Branco Lexítimo. A devandita variedade non está incluída na Lista Española de variedades de vide o que impide, dende o punto de vista legal, a súa plantación e a comercialización dos seus viños.

A súa descrición ampelográficacompleta (incluída o tipo de pelos que presenta), servirá para que poida entrar na devandita Lista e polo tanto entrar no circuíto comercial vitivinícola. En cor verde claro móstranse os pelos ergueitos, en cor verde máis escura os pelos tombados e en cor violeta os estomas.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Susana Boso pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.