vAO
A paria do Vao, en Vigo. / D.

Quedada no Vao para ver a eclipse

Galicia será unha das mellores situacións de toda Europa para gozar da eclipse parcial de Sol que se producirá o próximo 20 de marzo. Un escenario privilexiado que a Fundación Ceo, Ciencia y Cultura, a Agrupación Astronómica Rías Baixas e a Asociación Astronómica de Vigo quixeron aproveitar para organizar de xeito conxunto unha observación na praia viguesa do Vao, en Coruxo.
O evento arrancará ás 09.00 horas do próximo venres 20 no paseo que percorre esta praia, onde se colocarán telescopios, prismáticos con filtros solares e lentes especiais para poder contemplar o Sol.
Nesta ocasión a eclipse será parcial, é dicir, a Lúa non chegará a cubrir na súa totalidade ao Sol, aínda que no seu momento de máxima ocultación o tapará nun 75% aproximadamente.
Está previsto que a eclipse comece ás 09,04 horas con 26 segundos e que chegue ao seu momento de máximo apoxeo ás 10,07 con 13 segundos. O final deste fenómeno será ás 11 e 15 minutos.
Os interesados en achegarse ata o areal vigués a gozar deste espectacular fenómeno estarán acompañados en todo momento por expertos que lles poderán ir dando explicacións da eclipse.
Por suposto, unha das condicións imprescindibles para a realización do evento é que o bo tempo acompañe, algo ao que as previsións meteorolóxicas apuntan nun principio. Os expertos apuntan que a seguinte eclipse solar visible dende España se producirá o 12 de agosto de 2026, mentres que a próxima eclipse lunar se prognostica para a noite do 27 ao 28 de novembro dese mesmo ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.