Un pemento de Padrón: “A luz que non se ve”

A luz que non se ve. Javier Veloso Freire. Investigarte.
A luz que non se ve. Javier Veloso Freire. Investigarte.

Na fotografía que Javier Veloso Freire presentou ó certame InvestigArte obsérvase un corte transversal dunha raíz de pemento de Padrón (Capsicum annuum) realizada baixo o Microscopio Confocal.

O tecido da raíz baixo a luz branca non ten ningún tipo de cor, é transparente. A imaxe que se ve non ten ningún tipo de tinguidura e as cores observadas débense á autofluorescencia do tecido ao ser excitado con tres tipos diferentes de láser. Cada láser incide sobre a mostra de raíz e esta devolve luz dunha cor diferente ao do láser producindo a denominada autofluorescencia. Na imaxe a cor vermella é emitida por microorganismos que crecen sobre a raíz. A luz azul é autofluorescencia das paredes celulares vexetais primarias e a luz verde é autofluorescencia das paredes celulares vexetais secundarias, un tipo de parede máis grosa.
Esta técnica permite observar tecido vivo intacto, sen necesidade de ser tinguido.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Javier Veloso Freire pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.