En directo: Mabel Loza en Ciencia en Feminino

A catedrática de Farmocoloxía da USC Mabel Loza abre este xoves, a partir das 19,00 horas, o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia Ciencia en Feminino, cun encontro en directo conducido pola xornalista Laura Filloy e introducido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Ciencia en Feminino é un proxecto de celebración do Día da Muller desenvolvido en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.

Directora do grupo de BioFarma, Loza céntrase no desenvolvemento de proxectos de I+D+i en fases temperás do descubrimento de fármacos, sendo un referente a nivel estatal. Ten máis de 160 artigos publicados en revistas científicas e foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger en 2019.

Ciencia en Feminino complétase co seguinte programa:

  • 10 de marzo. Mesa de debate: Fuga de talentos e conciliación

Investigadoras que desenvolven a súa carreira no estranxeiro falarán da precariedade da investigación no noso país, o nesgo de xénero no mundo científico e ata que punto condiciona a precariedade, a obrigada procura de oportunidades no exterior; as políticas de conciliación vixentes en Europa e en España… Elas son:

Isabel Suárez Fernández é física pola USC. Actualmente está a desenvolver o seu doutoramento no Instituto Superior Técnico (IST) CENTRA-Centro de astrofísica e gravitación de Lisboa. A súa tese afonda nos fenómenos críticos no colapso gravitacional.

Alba Vieites Prado é neurocientífica e, hoxe en día, investiga no Paris Brain Institute a plasticidade de largo alcance das redes neuronais no cerebro humano.

Lorena Boquete Vilariño. Bióloga. Investiga na Universidade de Cambridge a interacción entre as células cancerosas e as células dendríticas.

Coordina o grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).​ Bolseira na primeira edición internacional do Programa L’Oréal UNESCO For Women in Science (primeira española becada nos 17 anos do programa). Ademais é membro do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo. Premio María Josefa Wonenburger en 2020.

  • 24 de marzo. Mesa de debate: Teitos de cristal na investigación

Unha reflexión sobre o papel das mulleres en postos claves da investigación, sobre a súa escasa presenza ao fronte de grupos de investigación, as razóns que as levan a quedar no camiño da carreira profesional, a escasa representación de académicas na RAGC ou á fronte de institucións académicas, etc. As relatoras son: 

Concepción Sánchez Fernández, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, recién integrado na MBG. Dirixe o gupo de investigación: Biotecnoloxía de especies forestais e traballa en biotecnoloxía forestal e a bioloxía molecular do desenvolvemento.

María Luz Loureiro García é catedrática de Economía da USC. Responsable do Grupo Eco Iuris de análise xurídico-económico. As súas investigacións están vencelladas á economía enerxética, a economía ambiental e á economía agrícola. A súa valoración económica de danos ambientais foi utilizada pola Fiscalía no proceso de reclamación xudicial dos danos causados pola vertedura do Prestige. Este ano será nomeada académica da RAGC.

Lucía Maneiro Santamaría, CEO da spin-off galega Psico VR, creadora dun software para gafas de realidade virtual (RV) dirixido ao tratamento psicolóxico de fobias, estrés e pánico.


Consulta aquí o programa completo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.