‘Antimateria’, un regalo de GCiencia

No seu blog Agua de Marte, publicado por GCiencia, Nicolás Pastoriza gusta de somerxerse no suxestivo vínculo que relaciona a cultura pop coa ciencia. O cantante e compositor vigués, antigo membro de bandas como La Marabunta ou Ectoplasma, quixo sumarse ao noso primeiro aniversario co regalo desta deliciosa canción, titulada Antimateria. O vídeo, realizado por Luis Montenegro, é unha homenaxe á expedición á Lúa do Apolo 12, a primeria en cor. Nunca tivo a fama do Apolo 11 nin unha película, como o Apolo 13, pero tamén está de aniversario: aconteceu hai exactamente 45 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.