Venres 29 Marzo 2024

O perigoso bulo das sementes: alerta da SGHN contra a reforestación indiscriminada

As noticias falsas e os bulos nas redes tamén apareceron na vaga de incendios que afecta a Galicia estes días. No medio do caos do domingo, circularon informacións falsas sobre a explosión de gasolineras, a evacuación do hospital Álvaro Cunqueiro ou a suposta existencia dunha rede organizada de incendiarios arredor da cidade de Vigo.

Unha vez controlados os lumes, propagáronse polas redes sociais numerosos chamamentos para rexenerar as zonas queimadas e xerar pasto para os animais. Ante estas informacións, a Sociedade Galega de Historia Natural emitiu este martes un comunicado no que desaconsella este tipo de actuacións, de non ser supervisadas por expertos e científicos. “Unha boa intención non ter por que dar sempre bos resultados”, conclúen.

Publicidade

“É difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe (do mesmo lugar de onde se vai sementar) como que se correspondan realmente a especies autóctonas”, afirma o texto. Engaden tamén que “na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter”, como a aparición de “especies vexetais exóticas invasoras”.  Aínda que o uso de cereais sería “un mal menor”, din que “deberían ser estériles para que unha vez completado o seu proceso non deixaran pegada”.

Lembra tamén que o uso inadecuado de sementes “é unha preocupación grave” en países como os Estados Unidos. “En moitos estados esíxese que as sementes estean certificadas se estar libres de especies alóctonas e invasoras”. Amais, sinalan que “moitos sitios non se deberían pisar tralos incendios, pois aceleran o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo”. No caso das especies pratenses, utilizadas para campos de herba e pradeiras artificiais, o perigo é maior porque “son en moitos casos especies alóctonas, algunhas delas de carácter invasor”.

Aquí podes ler o comunicado completo da SGHN

3 COMENTÁRIOS

  1. Estou de acordo con alguen que nonbrou as castañas, as landras de carballo do país, que este ano temos por miles o pe de cada árbore, paréceme que semente autóctona temos de sobra sin ter que comprala, estaría ben, ir a recollela cos mais cativos para fundamentar as bases de unha boa educación po la Protección da naturaleza, e que aprendan desde noviños a preservar os entornos nos que viven, podrianse organizar grupos de voluntarios para a recollida de castañas, bellota, e rarear pino noviño e transplatalo os montes queimados, e falando de plantar deveriase facer se se quere igual con voluntarios, pero dirigidos por profesionales en plantío, eu personalmente cos meos fillos estariamos disponibles sábados po la tarde, e algún domingo.

    • Ola José Manuel, é moi loable a túa intención e anímote a facelo, pero como ben dis asesorado ou coordinado por profesionais que saiban dirixir as operacións minimizando o impacto sobre o chan e orientando sobre as especies máis axeitadas para favorecer a revexetación das zonas queimadas. Aquí vos deixo un pequeno manual elaborado por Amigos da Terra, que parece que teñen pensado organizar algunha actuación ao respecto proximamente: http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/wp-content/uploads/2017/10/Despois-dos-Lumes_como-actuar_Amigos-da-Terra.pdf
      Por certo, o último que precisamos é volver a plantar piñeiros nas zonas arrasadas, por moito que sorprenda a algúns trátanse todos eles de especies pirófitas e exóticas na nosa terra. Saúde

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales foron as causas da seca que precedeu aos incendios de Australia? Un equipo de Ourense ten a clave

A investigadora Milica Stojanovic, do grupo EphysLab da UVigo, centrou o seu traballo en analizar as fontes de humidade da zona

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Así devastan os incendios a paisaxe: un estudo revela o seu efecto nos ecosistemas galegos

A tese de Sheila F. Riveiro demostra que o lume favorece as especies exóticas invasoras e despraza as nativas nos montes de Galicia e Portugal

Un Google Earth en tempo real: así é o software galego para actuar ante as emerxencias

A empresa Beagle Technologies usa a tecnoloxía 3D para crear cartografías do terreo o máis completas posible e facilitar a toma de decisións