Xoves 25 Abril 2024

O Sabio Caldas, o científico de orixe galega que fixo historia en Colombia

O Museo de Historia Natural da Universidade de Compostela acolle na tarde deste luns o Seminario de Estudos Caldasianos, na que se renderá homenaxe ao científico Francisco José de Caldas, coñecido en Colombia como O Sabio Caldas, un científico de orixe galega que deixou unha fonda pegada no país. O grupo de científicos colombianos representantes das principais universidades e academias científicas do país, acompañado polo alcalde do concello de Caldas e outros membros da corporación, será recibido polo director do Museo, Marcos González, e por distintas autoridades da USC. O acto contará tamén coa participación de varios profesores da USC representantes de diversos ámbitos da ciencia e cultura.

Cartel do acto de homenaxe ao Sabio Caldas. Imaxe: USC.
Cartel do acto de homenaxe ao Sabio Caldas. Imaxe: USC.

Segundo contan desde a USC, Concello de Caldas de Reis acolle desde setembro ata novembro unha delegación colombiana formada por personalidades dos Departamentos de Caldas e distintas universidades colombianas no marco dos actos polo 250 aniversario do natalicio de Francisco José de Caldas. A 39ª Conferencia Xeral da UNESCO (novembro de 2017, París) aprobou asociarse aos actos de conmemoración do 250 aniversario do nacemento de Francisco José de Caldas por tratarse dunha “personalidade de estatura xenuinamente universal” que permite reflectir “os ideais, valores e diversidade cultural da UNESCO”.

Publicidade

A vida e obra do Sabio Caldas

A pesar de ser un personaxe bastante descoñecido no noso país, en Colombia é popularmente coñecido como ‘O Sabio Caldas’ e son numerosas as rúas, prazas, centros educativos e culturais que levan o seu nome. Francisco José de Caldas (1768-1816) naceu en Popayán (Colombia) pero descende de pai galego. A liñaxe dos Caldas ten unha longa historia no municipio de Caldas de Reis e foi nomeado fillo adoptivo no 2016 con motivo do bicentenario da súa morte pola transcendencia da súa obra científica. Está considerado internacionalmente como un dos precursores da bioxeografía e destacou polos seus traballos en botánica, astronomía, xeografía e enxeñeira.

O obxectivo desta visita é o de promover o coñecemento mutuo entre investigadores da USC e de universidades colombianas para facilitar o intercambio de informacións e o desenvolvemento de proxectos en común sobre os ámbitos da investigación vinculados a Francisco José de Caldas, tales como astronomía, botánica, xeografía, cartografía, antropoloxía e un longo etcétera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas