Venres 29 Marzo 2024

O Seprona libera unha raposa atada a unha roda en Ponteceso

O animal estaba nunha parcela xunto a máis dunha decena de animais que se atopaban en condicións deficientes, segundo as autoridades

No marco da recente polémica sobre os chamados campionatos de caza do raposo en Galicia, onde se produciron enfrontamentos entre cazadores e grupos animalistas, o Seprona da Garda Civil anunciou esta semana que atopara unha raposa atada a unha roda nunha parcela do municipio de Ponteceso.

Segundo informou o organismo, foi durante unha patrulla rutineira cando os axentes viron á raposa encadeada a unha roda fixada con formigón, sen apenas marxe de movementos. Xunto á raposa había arredor dunha vintena de animais nos que, segundo a Garda Civil, había irregularidades nos seus rexistros e cartillas, Segundo informou La Voz de Galicia, foron recuperados na mesma parcela 14 cans, faisáns e cabras. Os axentes abriron dilixencias contra o titular do recinto.

Publicidade

Unha vez liberada a raposa, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Especies Silvestres para valorara a súa posible reincorporación ao medio natural, unha vez se lle realicen análises sanitarias.

As asociacións animalistas Libera e Franz Weber reclamaron “unha sanción exemplar” por estes feitos, que cualificaron de “extrema gravidade” e anunciaron que pedirían medidas ao respecto á Xunta de Galicia. Denunciaron tamén episodios semellantes noutros puntos do país. O ano pasado o Seprona tamén atopou outra raposa encadeada nunha vivenda de Cangas e outra colgada dunha árbore en Lalín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta engade Pontevedra e Ponteceso ás áreas de risco da Covid-19

Galicia rexistra o maior aumento de casos novos das últimas semans, 332, ao engadir boa parte das infeccións detectadas na residencia de Outeiro de Rei

Un alemán vivía cun lobo en Ourense pensando que era un can

As probas de ADN realizadas pola Garda Civil determinaron que era un canis lupus signatus, que ademais ten tres cachorros

Decomisan marfil de mamut nunha tenda de Vigo

Dez mil anos despois da súa extinción, os cairos destes xigantes peludos volven ser obxecto de tráfico internacional

Escándalo en Alemaña polo maltrato a monos, cans e gatos nun laboratorio

Dúas oenegués destapan as duras condicións ás que eran sometidos os animais, nuns feitos que a Fiscalía xa está investigando