Venres 29 Marzo 2024

O cambio climático pode alterar a madeira de carballo en Galicia

Científicos do Campus Terra conclúen que a temperatura pode modificar o despregue da follaxe e os vasos condutores da madeira do "Quercus robur"

A revista Agricultural and Forest Meteorology, unha publicación científica de carácter internacional e especializada na difusión de artigos científicos que afondan sobre a interrelación entre meteoroloxía, agricultura, silvicultura e ecosistemas naturais, inclúe no seu último número un artigo asinado por Guillermo Guada, Rosa Ana Vázquez-Ruiz e Ignacio García González, profesores e investigadores do departamento de Botánica da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría integrados no grupo Bioaplic, sobre a relación entre o cambio climático e as oscilacións de temperatura e a conformación da madeira.

Os resultados científicos dos que se dá conta neste artigo forman parte da liña de traballo comezada a finais da década dos anos 90 polo profesor García González e agora continuada por estes investigadores do grupo Bioaplic, que forma parte da Agrupación Estratéxica de Investigación BioReDes do Campus Terra da USC, no ámbito da formación da madeira en carballos da especie Quercus robur. De feito, esta publicación incluída en Agricultural and Forest Meteorology achega datos compilados na maior rede de mostraxe realizada ata o momento a fin de poder determinar a incidencia entre temperatura e conformación de madeira.

Publicidade

Este laborioso traballo de campo forma parte da investigación de doutoramento que está a desenvolver Guillermo Guada baixo a dirección do profesor Ignacio García Gonzalo. No marco desta liña de estudo, os investigadores do grupo Bioaplic analizaron exemplares de bosques de carballo establecidos en 9 localidades das concas dos ríos Lor e Eume ao longo dos anos 2012 e 2013. A análise dos datos recollidos nesta fase de estudo permitiron a obtención de conclusións e resultados que poden resultar de especial interese para avaliar os efectos e as posibles consecuencias do cambio climático en Galicia.

Una das principais conclusións á que chegan os autores do estudo afecta ao establecemento dunha relación máis ou menos directa entre o despregue da follaxe dos carballos e a formación dos vasos condutores na madeira dos seus troncos. As pescudas realizadas neste eido polos investigadores do grupo Bioaplic da USC constatan que a sincronía destes procesos, que acostuman a ter un desenvolvemento en parello, pode estar modificada por unha variable externa como é o caso da temperatura.

Referencia:Response patterns of xylem and leaf phenology to temperature at the southwestern distribution boundary of Quercus robur: A multi-spatial study (Publicado en Agricultural and Forest Meteorology).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.