Un grupo de leóns da reserva de Sibuya, onde apareceron os corpos dos supostos furtivos. Imaxe: Sibuya Game Reserve.

Un grupo de leóns da reserva de Sibuya, onde apareceron os corpos dos supostos furtivos. Imaxe: Sibuya Game Reserve.

Unha manda de leóns devora uns supostos furtivos en Sudáfrica

Un traballador da reserva atopou na madrugada do luns os restos de polo menos tres persoas que se adentraron na reserva a cazar rinocerontes

O responsable da reserva natural de Sibuya, en Sudáfrica, Nick Fox, anunciou onte a través da conta de Facebook da reserva que un grupo de leóns que habitan na zona devorou a un grupo de “polo menos tres persoas” que entraran no territorio acoutado. As evidencias (entre os restos atopáronse rifles con silenciador, machados, navallas e abundantes provisións de alimentos) apuntan a que se trataba de furtivos que se adentraron no lugar co obxectivo de matar rinocerontes para cortarlles os cornos e vendelos no mercado negro. Esta práctica, que levou a estes animais a unha situación moi complicada, aparece na imaxe gañadora do Wildlife Photographer of the Year 2017, tomada polo fotógrafo Brent Stinton, que se pode ver baixo estas liñas.

“Un dos nosos cans gardiáns avisou ao seu coidador arredor das 4.30 horas da madrugada do luns de que algo estaba acontecendo. Ao mesmo tempo, o propio coidador escoitou fortes ruídos procedentes da zona onde estaban os leóns”, contaba Nick Fox.

Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

Foi entón cando o persoal da reserva avisou á unidade anti-furtivos que traballa na zona para previr estes ataques, polos que morren numerosos rinocerontes cada ano. E atoparon unha escena aterradora. Viron o que parecían ser restos humanos e outras pertenzas a carón dos leóns.

Como aínda estaba escuro, non foi posible investigar a zona ata o amencer. Ao lugar desprazouse unha unidade forense da policía, para confirmar que os restos pertencían a uns supostos furtivos. Conta Nick Fox que “ata o momento non foi posible esclarecer cantas persoas morreron no suceso”.

Este venres, a reserva publicou un novo comunicado a raíz da relevancia que acadou o suceso. “Aínda que seguiremos extremando as precaucións, cremos que este incidente non vai provocar ningún cambio na situación dos nosos leóns”, dixeron.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.