Xoves 28 Marzo 2024

Aparecen 30 cetáceos varados en Galicia en dúas semanas

A serie de temporais que chegaron a Galicia neste mes de marzo (primeiro Emma, e despois Félix, ademais doutras borrascas de menor intensidade), están provocando o que se coñece como “varamentos múltiples” de cetáceos nas nosas costas. Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), segundo sinala o seu responsable Alfredo López, contabilizan xa 30 exemplares desde o día 1 de marzo.

Restos do cachalote atopado na Lanzada. Imaxe: Cemma.
Restos do cachalote atopado na Lanzada. Imaxe: Cemma.

“Son, sobre todo, golfiños comúns (Delphinus delphi), pero tamén algún arroaz boto (Tursiops truncatus), golfiños riscados (Stenella coeruleoalba), e un cachalote (Physeter macrocephalus)” que apareceu, xa bastante descomposto, na praia da Lanzada. “Os varamentos múltiples de cetáceos adoitan producirse cando hai varios temporais seguidos, e a corrente acaba arrastrando aos animais que xa estaban mortos no mar ata a costa”, explica López.

Publicidade

A maior parte destes varamentos producíronse entre a ría de Vigo e a de Corme e Laxe, na zona máis afectada polos ventos e as ondas destes días pasados. Dos 30 cetáceos, só dous estaban vivos cando foron localizados. Con todo, un morreu ao pouco de varar e o outro desapareceu, polo que, segundo indica Alfredo López, é posible que finalmente morrese. Ademais, parte dos animais tiñan indicios de terse enredado nalgún aparello de pesca de xeito accidental, o que puido causarlles a morte en alta mar.

Agárdase que o paso da borrasca Gisele poida deixar algún varamento máis na costa galega. Con todo, as cifras, segundo Alfredo López, son semellantes ás doutros anos cando se produce unha sucesión de temporais no mar. “É bastante posible que ata comezos da primavera sigan aparecendo máis”, conclúe.

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Hai unha carta de Frey Martin Sarmiento ó seu irmán Xavier que está recollida no Epistolario que confecionaron Xosé Filgueira Valverde e María Xesús Fortes Alén, concretamente a nº 40 do mesmo, editado polo Consello da Cultura Galega 1995. Nesta carta datada en 11 Abril de 1758 explícase os varamentos e despistes de arroaces adentrandose na ría de Pontevedra ata unha ponte urbana. Vaga a pena de ser lida, xa que el so se explica estes varamentos por unha suposta” telilla” que na primaveira lles medraría a estes cetaceos nos ollos impedindo que puideran ver a onde se dirixían. Tamén menciona algo da competencia pescador arroaz e as súas propostas pouco ecoloxistas para combatelos.

  2. El delfin mencionado como Delfin gris no es (Tursiops truncatus) si no que (Grampus griseus). Por otro lado son mas de 30 nuestra entidad localizo 9 y O POR CAPTURA ACCIDENTAL SI POR ENFERMEDA (GREMMAR DOLPHINS RESCUE TF: 666593348 Gracias

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos
00:00:25

Un lobo mariño na Coruña: "A chegada dunha femia adulta ás costas é inusual"

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela

Este vídeo amosa todos os plásticos extraídos dun cetáceo varado na Coruña

Gran parte dos varamentos destas especies débese á presenza de residuos humanos que obstrúen o seu sistema dixestivo